Campionato Galego Escolar de Cross

DATA:
12 de Marzo 2011

ORGANIZAN:
Servicio de deportes de Ourense.

COLABORAN:
Federación Galega de Atletismo, A.D. As Burgas e Coca-Cola.

PARTICIPANTES:
Equipos e atletas clasificados nas Fases Provinciais de: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estarán clasificados os tres mellores equipos e os 8 primeiros individuais que non estiveran incluidos nos equipos, e sen correr en ningún caso o posto de invitado a partir do 8º clasificado.

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
Cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredoras/es e un mínimo de 4 , dos que puntuarán as/os 4 mellor clasificadas/os nas categorías alevín e infantil as/os 3 mellor clasificadas/os na categoría cadete.

CATEGORÍAS:
Alevín, Infantil, e Cadete masculino e feminino.
Non se poderán completar equipos con atletas de categorías inferiores.

INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse utilizando as follas de inscrición que se acompañan con esta normativa e deberán enviarse por correo electrónico (deportes.ourense@xunta.es) ou por fax (988 386 051) antes das 14:00 horas do 3 de marzo de 2011.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
Individual: segundo a orde de entrada na meta, por categoría e sexo.
Por equipos: coas entidades ou colexios que completen equipo na liña de meta, sumando os puntos obtidos polos/as tres ou catro corredores/as mellor clasificados/as, segundo a categoría; resultará vencedor o equipo que menor número de puntos obteña. Se se produce empate entre dous ou máis equipos, concederase mellor clasificación a aquel no que o/a derradeiro/a corredor/a puntuado obtivese mellor posto.

PREMIOS
Entregarase medallas ás/aos 3 primeiras/os atletas da clasificación individual e trofeo e medallas aos 3 primeiros equipos, de cada categoría.

Volta Grande

HORARIO

10:45 – Retirada de dorsais
11:30 – Desenvolvemento das carreiras, de acordo co seguinte cadro
 
Hora / Categoría / Distancia aproximada / NºVoltas
11:30 / Cadete fem. / 3.000 m / 1v.p + 1v.g.
11:55 / Cadete mas. / 5.000 m / 4v.g.
12:20 / Infantil fem. / 2.000 m / 1v.p. + 1v.g.
12:40 / Infantil mas. / 2.500 m / 2v.g.
13:00 / Alevín fem. / 1.500 m / 1.v.g.
13:20 / Alevín mas. / 2.000 m / 1v.p. + 1.v.g.
 

Volta Pequena

13:45 – Entrega de premios das categorías Alevín, Infantil e Cadete (feminino e masculino)



NORMATIVA DA COMPETICIÓN
1. Os atletas pertencentes a un mesmo equipo deberán portar camisetas da mesma cor, se ben no caso de clubs adscritos á Federación Galega de Atletismo as cores deberán ser as oficiais do mesmo. Por outra banda, todos os participantes colocarán o dorsal no peito.
2. Todas as reclamacións sobre o desenvolvemento das carreiras e as clasificacións da proba deberán ser presentados ao xuíz árbitro da competición.
3. A orde de colocación na saída virá dada polo sorteo que realizará a organización unha vez recibidas todas as inscricións.
4. A participación neste Campionato supón a total aceptación desta Normativa.

5. Todo o non previsto nesta Normativa resolverase de acordo coas Bases Xerais de XOGADE e co Regulamento da IAAF.

CLASIFICACIÓN PARA O CAMPEONATO DE ESPAÑA (C.S.D) DE PISTA E CROSS
Nas categorías Cadete haberá participación da Selección Galega en competicións nacionais. Para
a selección galega cadete de cross clasificaranse os 5 primeiros/as atletas do galego escolar. O
resto dos integrantes da selección de cross ou pista, confeccionarase a proposta da Federación Galega de Atletismo en función dos resultados nos Campionatos galegos e outros criterios fixados pola propia Federación Galega de Atletismo.
Unha vez publicada a selección, a Secretaría Xeral para o Deporte fixará e comunicará os pormenores da viaxe (horarios de saídas, ruta a seguir, etc). Haberá un punto de saída oficial e un percorrido da expedición. Os clubs dos atletas prestarán a súa colaboración para situar aos seus deportistas no lugar mais preto do punto da saída ou do percorrido marcado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario