XIII Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño


Data: sábado, 31 de decembro de 2011.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: Parque Náutico de Galicia, Castrelo de Miño.
Distancia: de 2.200 a 7.400 m.
Inscrición: ata o 28 de decembro.

A "XIII Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño" é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo organizada polo Concello de Castrelo de Miño e a delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo. Celébrase o sábado 31 de decembro de 2011, a partir das 16:30 h. no concello de Castrelo de Miño e a hora prevista de finalización son as 18:30 horas.

SAÍDA- CHEGADA
A saída e chegada da proba serán no mesmo punto, situado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño.

HORARIO
Categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, sairán ás 16:30 horas.- Categorías Xuvenil, Junior, Promesa e Senior/Veterano, sairán ás 16:40 horas.

PERCORRIDO
A proba absoluta consistirá en 1 volta a un circuíto de 7400 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado e para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete 1 volta de 2200 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado.



INSCRICIÓNS
Os participantes poden inscribirse na web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org, nas oficinas municipais do Concello de Castrelo de Miño sitas no albergue do Parque Náutico de Castrelo de Miño ou no teléfono 988 493 000 en horario de 8:30 a 15:00 horas.
A inscrición pecharase o 28 de decembro ás 22:00 horas.

RECOLLIDA DE DORSAIS
O mesmo día da carreira dende as 15:00 ata as 16:00 horas na zona de saída e meta.


CATEGORÍAS
Categoría Idades Distancia
BENXAMIN 8 e 9 2200 m.
ALEVIN 10 e 11 2200 m.
INFANTIL 12 e 13 2200 m.
CADETE 14 e 15 2200 m.
XUVENIL 16 e 17 7400 m.
JUNIOR 18 e 19 7400 m.
PROMESA 20,21 e22 7400 m.
SENIOR 23 ou mais 7400 m.
VETERANO 35 ou mais 7400 m.

PREMIOS
Medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría masculino e feminino.
Vales de material deportivo para os 3 primeiros clasificados na Carreira Absoluta masculino e feminino.

X Carreira Pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas

Data: domingo, 18 de decembro de 2011.
Hora: 12:00 h.
Lugar: Saída e meta nas piscinas municipais de Ponte Noalla.
Distancia: de 300 a 8.500 m.
Organiza: Concello de San Cibrao das Viñas.
Inscrición: ata o 15 de decembro (Ver no regulamento)
Web: Concello de San Cibrao

HORARIO
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de trofeos e ágape para os participantes

A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

A recollida de dorsais e chips, farase desde as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 3 km para as categorías A – B- C- D e de 8’5 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primera volta e os restantes corredores completarán dúas voltas (1 pequena e 1 grande)

A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

 A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar aos obsequios.

O percorrido estará sinalado cada km.
A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes

Establécense os seguintes premios
150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen a proba.
60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
Establécense as seguintes categorías:
A) Alevín: 2001 e 2002
B) Infantil: 1999 e 2000
C) Cadete: 1997 e 1998
D) Xuvenil: 1995 e 1996
Distancia a percorrer: 3 km (1 volta)
Saída ás 12:00 horas

E) Junior-promesa: 1990 a 1994
F) Senior: 1989 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Distancia a percorrer: 8’5 km (2 voltas)
Saída ás 12:00 horas

Pitufos: 2003 e posteriores
Distancia: 300 m. Saída ás 13:00 horas

Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba

GMTA - Trail Río da Fraga (Moaña)

Distancias
TRAIL: 17,5 kms
SENDERISMO: 10 kms

Horarios
ENTREGA DORSALES: Sábado 12, de 16:30 horas a 20:00 horas
Domingo 13, de 8:00 horas a 10:00 horas
En el Pabellón da Xunqueira
CONTROL DE FIRMAS: 10:10 horas en la línea de salida (al lado del Pabellón)
CHARLA TÉCNICA: 10:25 horas en la línea de salida
SALIDA TRAIL: 10:30 horas
SALIDA SENDERISMO: 10:40 horas
ENTREGA PREMIOS: A partir de las 14:00 horas
Localizaciones
SALIDA/META: Pabellón da Xunqueira (frente a la playa da Xunqueira)
DUCHAS: Pabellón da Xunqueira
APARCAMIENTO: Amplio, en los aledaños de la zona de la playa da Xunqueira.

Avituallamiento
Tres en el trail y uno en la ruta de senderismo.
A base de agua.
Se servirá en vasos de plástico.
Terminantemente prohibido el llevar botellas de agua de plástico en la mano durante el trail. Sí se permitirá el uso de cualquier sistema de hidratación (cinto o mochila tipo camelback).
Existirá una zona acotada después de cada avituallamiento de la que no se podrá salir con el vaso.


Dorsales
Será personalizado y valedero para las 7 pruebas del Circuito GMTA 2012.
Es responsabilidad del participante el guardarlo para las siguientes pruebas del Circuito.
La Organización no facilitará otro dorsal en caso de pérdida u olvido.
No se facilitarán imperdibles ni cualquier otro método de sujeción del dorsal en la camiseta.
Deberá llevarse en la parte delantera de la camiseta y bien visible para evitar el ser parado en los controles para su identificación.
Los senderistas también llevarán dorsal diferenciado del de los participantes en el trail.

Megaxove 2011

Data: xoves, 8 de decembro de 2011.
Hora: a partires das 11:15 h.
Lugar: inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz.
Distancia: de 300 a 6.000 m.
Organiza: Club Ourense Atletismo Academia Postal.
Inscrición: ata o venres 2 de decembro. Ver punto 7 do regulamento.
Web: Ourense Atletismo - Megaxove









Establécense as seguintes categorías:
Cativos .............................................
nad@s en 2005 e con posterioridade Benxamín ......................................... nad@s en 2003 e 2004
Alevín ...............................................
nad@s en 2001 e 2002
Infantil ..............................................
nad@s en 1999 e 2000
Cadete .............................................
nad@s en 1997 e 1998
Xuvenil ............................................. nad@s en 1995 e 1996
Iúnior ................................................
nad@s en 1993 e 1994
Promesa – Sénior .............................
nad@s entre 1967 e 1992
Veteráns A (homes e mulleres) ..........
nad@s entre 1957 e 1966
Veteráns B Homes ........................... nados entre 1947 e 1956
Veteráns C Homes ........................... nados en 1946 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres ......................... nadas en 1956 e con anterioridade


Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:
11:15 - Alevín – Infantil mulleres ................ 1 volta G .................... 1.200 m.
11:25 - Alevín – Infantil homes ................... 1 volta P + 1 volta G.. 2.050 m.
11:40 - Cadete – Xuvenil mulleres .............. 1 volta P + 1 volta G.. 2.050 m.
11:55 - Cadete – Xuvenil homes ................ 3 voltas G ................... 3.600 m.
12:20 - Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns ... 5 voltas G .................... 6.000 m.
12:55 - Benxamín Mixto ............................ 1 volta P ......................... 850 m.
13:05 - Cativos .......................................... Mini volta ....................... 300 m.
13:30 - ENTREGA DE PREMIOS

Percorrido:
Azul - Volta Pequena
Vermello - Volta Grande
As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ao posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos non se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán unha medalla ó alcanzar a liña de meta.

Establécense os seguintes premios, que serán acumulativos na carreira absoluta:
Trofeo ós vencedores de cada unha das categorías, e medallas ó segundo e terceiro clasificado, homes e mulleres.
Trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira absoluta (Iúnior-Promesa-Senior-Veteráns), homes e mulleres.

INSCRICIÓNS: as inscricións poderán realizarse ata as 20:00 horas do venres, día 2 de de-cembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS DESPOIS DE DITO PRAZO, NIN NO MESMO DÍA DA CARRERA. A inscrición para as categorías que leven chip se formalizará a través dun formulario específico accesible a través da páxina web de http://www.championchipnorte.com/.