XI Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño

A 11ª Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño, organizada por o Concello de Castrelo de Miño, Clube Atletismo Ribeiro e Non Stop Training Club o Viernes 31 de decembro de 2010.

REGULAMENTO XERAL



Percorrido










SAIDA-CHEGADA: Aparcamento do Parque Náutico de Catrelo de Miño.
HORARIO: saida as 16:00h para toda as categorías en dous grupos na parte de adiante colocaranse as categorías superiores (con chip) e na parte traseira as inferiores (con chip).
PERCORRIDO: Na proba absoluta, consistirá en 1 volta a un circuito de 7.000m,por as rúas do pobo, e para as categorías inferiores unha volta de 2000m.

Perfil do Percorrido
INSCRIPCIÓNS:
CARREIRA ABSOLUTA (con chip): 6.500 M Do luns 13 de decembro o luns 27 de decembro as 24.00 horas pola web. http://www.championchipnorte.com/ .Deberán aboar a cantidade de 3.-€ os participantes que non teñan chip en propiedade e 1.-€ os participantes que teñan chip en propiedade, pagando por TPV na Web, nun apartado especial para a carreira. Os datos obrigatorios nas inscricións presenciais da proba de 7.000 m son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, email de contacto, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten)
CARREIRAS MENORES (con chip): 2.000 M Do luns 13 de decembro o luns 27 de decembro as 24.00 horas pola web. http://www.championchipnorte.com/ .Deberán aboar a cantidade de 3.-€ os participantes que non teñan chip en propiedade e 1.-€ os participantes que teñan chip en propiedade, pagando por TPV na Web, nun apartado especial para a carreira. Para a carreira menor, aquel@s que non posúan NIF, deberán inscribirse de forma presencial respetando tamén os prazos de inscrición antes do luns 27 de decembro.

RECOLLIDA DE DORSAIS: O mesmo día da carreira dende 1hora e media ata 30 minutos antes de dar a saida na zona de saida e meta.

PREMIOS: LOTE DE NADAL para os 3 primeiros/as absolutos e medallas para os 3 primeiros de cada categoría, haberá agasallos para todos os participantes que crucen a meta ata esgotar existencias. Os premios non son acumulables.

REGULAMENTO CATEGORIAS DE MENORES: DE 600 A 2.000 m


SAIDA-CHEGADA: Aparcamento do Parque Náutico de Catrelo de Miño.
PERCORRIDO: Consistirá en una volta a un circuito de 600 A 2000m por as rúas do povo.
PARTICIPANTES: Nenos/as nados en 1996 e seguintes.
PREMIOS: Medallas os tres primeiros/as de cada categoría

DISTRIBUCIÓN POR CATEGORÍAS
Categoría / Denominación / Anos / Distancia
A) / Alevín / 2000 e 2001 / 2000MTS
B) / Infantil / 1998 e 1999 / 2000MTS
C) / Cadete / 1996 e 1997 / 2000MTS
D) / Xuvenil / 1994 e 1995 / 7000MTS
E) / Junior-promesa / 1989 a 1993 / 7000MTS
F) / Senior / 1988 ata veterán / 7000MTS
G) / Veterán A / de 40 a 49 anos / 7000MTS
H) / Veterán B / de 50 a 59 anos / 7000MTS
I) / Veterán C / de 60 E POSTERI. / 7000MTS
P) / PITUFOS / 2002 E POSTERIORES / 600MTS

Fotos Orbita-Gely
Fotos Oscarourense
Fotos Ourense Atletismo Academia Postal
Video de matogrosso

IX Carreira Solidaria Lugo Monumental

Data: domingo, 19 de decembro de 2010.
Hora: 11:00 h.
Lugar: Lugo
Distancia: 10.000 m aproximadamente.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Lugo.

Categorias
Estableceranse as seguintes categorías Masculinas e Femininas:
Categoria E --------------Nadas/os entre 1989 e 1994
Categoría F --------------Nadas/os entre 1975 e 1988
Categoria G --------------Nadas/os entre 1965 e 1974
Categoria H --------------Nadas/os entre 1955 e 1964
Categoria I ---------------Nadas/os entre 1945 e 1954
Categoria J ---------------Nadas/os entre 1944 e anteriores


Inscripcións
A INSCRICIÓN ESTARÁ LIMITADA A 1.500 ATLETAS ENTRE A CATEGORÍA MASCULINA E FEMININA donativo de 2 € +1€ Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
Inscricións ON-LINE 1300 PRAZAS a partires do Venres 3 de Decembro
Inscrición PRESENCIAL 200 PRAZAS a partires do Mércores 09 DE DECEMBRO
pagamento on-line de 2 € na web de http://www.championchipnorte.com/ tamén se pode aceder a través de
PECHARASE o MERCORES 15 DE DECEMBRO ás 20:00 h, OU NO MOMENTO NO QUE SE CHEGUE AOS 1.500 ATLETAS INSCRITOS, MOMENTO A PARTIR DO QUE NON SE RECOLLERÁN MÁIS INSCRICIÓNS, PECHÁNDOSE DEFINITIVAMENTE TODA POSIBILIDADE DE INSCRICIÓN.
DORSAIS PREFERENTES
Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10 km Para solicitar un Dorsal Preferente, será necesario solicitalo expresamente no proceso de inscrición. Se deberá de enviar un email á dirección deportes@concellodelugo.org co Asunto : “DORSAL ELITE LUGO MONUMENTAL” indicando :
Datos Persoais - Marca - Proba e Data da mesma
HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR DO DORSAL ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día anterior da proba (18 de decembro de 2010) na CARPA DA ORGANIZACIÓN situada na parte traseira da Casa do Concello na Praza Maior en horario das 17:00 h ás 20:30 h e o día da carreira (19 de decembro de 2010) desde as 09:00 h ata ás 10:30 h dentro da mesma carpa.

Percorrido
A saída terá lugar no tramo peatonal da Ronda da Muralla fronte o Edificio Administrativo do Concello (Seminario) e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km.
Saída Ronda Muralla con xiro a esquerda en dirección á rúa Vilalba- Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaránse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeneral Tella, Praza de Avilés, xiro á esquerda en direccion Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos, e chegada á Meta situada á altura da Casa do Concello.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non
observancia desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas acompañados.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a totalidade do circuíto. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR ENRRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO. Os atletas que non reúnan todos os rexistros serán descalificad@s
O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro clasificado.
Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o CHIP de cronometraxe, poderán acceder á zona reservada para eles, onde atoparán os servizos de fisioterapia.
- APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
-GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servicio de gardarroupa.
-DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)


IX Carreira Pedestre do Nadal, San Cibrao das Viñas

Regulamento xeral

1. A saída e a meta estarán situadas nas Piscinas Municipais de Ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

2. A recollida de dorsais e chips, farase dende as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

3. O percorrido será de 300 m. para a categoría pitufos, de 3 Km. para as categorías A - B - C - D, e de 8.5 Km. para as restantes categorías A saída será conxunta para as categorias de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primeira volta e os restantes corredores completarán duas voltas (1 pequena e 1 grande).




 
Volta Pequena

4. A clasificación será absoluta e por categorías; os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantia. Recibirá o de menor importancia o inmediatamente seguinte clasificado.

Volta Grande

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou chip, será desclasificado. Tamen deberá devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar ós premios.

7. O percorrido estará sinalado cada Km.
8. A carreira estará controlada por Cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes.

10. Establécense os seguintes premios:
- 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
- Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as de cada categoría.
- Camiseta técnica e bolsa do corredor para tódos/as participantes que rematen a proba.
- 60€ ós seis primeiros clasificados/as do concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
- Medalla para tódos os pitufos participantes ata agotar existencias.
- Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas e cestas de Nadal.


Percorrido

11. Establécense as seguintes categorías:
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 3 Km:
A) Alevín: 2000 e 2001
B) Infantil: 1998 e 1999
C) Cadete: 1996 e 1997
D) Xuvenil: 1994 e 1995
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 8,5 Km:
E) Junior - Promesa: 1989 - 1993

F) Senior: 1988 ata veterán

G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Con Saída ás 13:00 horas, distancia 300 m:
Pitufos 2002 e posteriores

Perfil Percorrido
12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas.

13. Debido o carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da Proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, asi como a comisión organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no Regulamento de Federación Internacional de Atletismo.

15.A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba.

XI CARREIRA POPULAR EXPOURENSE‐MEGAXOVE

A XI EDICIÓN DA CARREIRA EXPOURENSE – MEGAXOVE, organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Consello Municipal de Deportes–Concello de Ourense, e EXPOURENSE, e que conta co permiso da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o Mércores, día 8 de decembro de 2010, a partires das 11:15 horas da mañá, nas inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz.




REGULAMENTO:

1.‐ A participación queda aberta a tódolos deportistas interesados, independentemente de que sexan federados ou non. Os federados deberán facilitar na inscrición o seu número de licenza.

2.‐ Establécense as seguintes categorías:
Cativos .............................................nad@s en 2004 e con posterioridade
Benxamín ......................................... nad@s en 2002 e 2003
Alevín .............................................. nad@s en 2000 e 2001
Infantil ............................................. nad@s en 1998 e 1999
Cadete ............................................ nad@s en 1996 e 1997
Xuvenil ............................................ nad@s en 1994 e 1995
Iúnior .............................................. nad@s en 1992 e 1993
Promesa – Sénior ............................ nad@s entre 1976 e 1991
Veteráns A (homes e mulleres) ......... nad@s entre 1966 e 1975
Veteráns B Homes .......................... nados entre 1956 e 1965
Veteráns C Homes .......................... nados en 1955 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres ....................... nadas en 1965 e con anterioridade

3.‐ A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense). O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por ChampionChip (agás nas carreiras de Cativos e Benxamín).

4.‐ O control por chip se realizará a partir da categoría Alevín. Cada atleta levará un chip de control, que deberá ser devolto ao finalizar a súa participación. Os atletas de categorías Cativos e Benxamín non levarán chip.

5.‐ As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos non se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán unha medalla ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións finais poderán ser consultadas na web http://www.championchipnorte.com/, e na páxina web do Club (www.ourenseatletismoacademiapostal.com) ao longo da tarde.

6.‐ Establécense os seguintes premios, que serán acumulativos na carreira absoluta:
 Trofeo ós vencedores de cada unha das categorías, e medallas ó segundo e terceiro clasificado
 Trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira absoluta (Iúnior‐Promesa‐Senior‐Veteráns), homes e
mulleres

7.‐ INSCRICIÓNS: as inscricións se poderán realizar ata as 20:00 horas do luns, 6 de decembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS DESPOIS DE DITO PRAZO NIN NO MESMO DÍA DA CARRERA. A inscrición para as categorías que leven chip se formalizará a través dun formulario específico accesible a través da páxina web http://www.championchipnorte.com/.
O resto (Cativos e Benxamíns) formalizarán a súa inscrición a través da dirección de correo club@ourenseatletismo.com. Na categoría de Cativos non se fará clasificación, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao finalizar a proba.
Os dorsais e os chips se entregarán o mesmo día da proba, desde as 10:00 da mañá, e ATA 30 MINUTOS ANTES do comezo de cada carreira.

8.‐ A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.

9.‐ Aqueles aspectos que non contemple o presente Regulamento se resolverán segundo o disposto no da Federación Internacional de Atletismo. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente Regulamento.

10.‐ Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:

11:15 ........ Alevín – Infantil mulleres ...................... 1 volta G ........................... 1.200 m.
11:25 ........ Alevín – Infantil homes ......................... 1 volta P + 1 volta G ......... 2.050 m.
11:40 ........ Cadete – Xuvenil mulleres .................... 1 volta P + 1 volta G ......... 2.050 m.
11:55 ........ Cadete – Xuvenil homes ....................... 3 voltas G ......................... 3.600 m.
12:20 ........ Iúnior‐Promesa‐Sénior‐Veteráns .......... 5 voltas G ......................... 6.000 m.
12:55 ........ Benxamín Mixto ................................... 1 volta P .............................. 850 m.
13:05 ........ Cativos .................................................. Mini volta ............................ 300 m.
13:30 ................. ENTREGA DE PREMIOS