I Carreira Pinga-Pinga, San Tomé de Piñeiro - Marín

Data: sábado, 9 de outubro de 2010.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: San Tomé de Piñeiro, Marín.
Saída e chegada no campo de fútbol da Parroquia de Santo Tomé de Piñeiro.
Distancia:

  • Maiores 7.000 m

  • Menores A 500 m aprox.

  • Menores B 2.000 m

  • Chupetes 100 m aprox.
Inscrición: Totalmente gratuita en Championchipnorte

Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium de recente constitución convoca a primeira edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de Fútbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro, coincidindo este ano coa celebración da Festa da Sidra e da Mazá; festa que cada ano atrae a centenares de persoas de toda a xeografía galega.
Para esta proba contamos coa colaboración de tres entidades importantes da Parroquia como son A Comunidade de Montes de San Tomé de Piñeiro, a Asociación de Amigos da Mazá de San Tomé de Piñeiro e a Asociación Xuventude de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Normativa:
A ) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.
B ) A clasificación será absoluta.
C ) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.
D ) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma suporá a eliminación do atleta acompañado.
E ) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
F ) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
G ) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
H ) TODOS AQUELES CORREDORES (EXCEPTO PROPIETARIOS) QUE NON ENTREGUEN O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS, NIN RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO.
I ) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
J ) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
K ) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES:
Data: sábado, 9 de Outubro de 2010
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)
CATEGORIAS
MENORES:
Menores A – Hora: 16:00h – Benxamín/Alevín = 1999/2002 – 500 m aprox.
Menores B – Hora: 16:15h – Infantil/Cadete = 1995/1998 – 2.000 m – 1 volta pequena.

CHUPETES – Hora: 16:50h – Nados a partires de 2002 – 50-100 m aprox.
MAIORES (CATEGORIA RAIÑA) – Hora: 17:00h – 7.000 m aprox. – tres voltas.
A partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa 1988/1994
Senior 1987 e anteriores (ate veteranos)
Veteranos A De 40 a 49 anos
Veteranos B De 50 a 59 anos
Veteranos C Maiores de 60 anos

3.- INSCRICIÓNS:
CHUPETES, MENORES E MAIORES:
Champion Chip Norte encargarase das inscricións, dorsais, de todalas categorías e chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Raiña).
Aqueles que non posuan DNI (CHUPETES) poderán facer as inscripcions no correo diego.gonzalez@pinarium.com indicando Nome, apelidos e fecha de nacemento.


4.- PERCORRIDO:

PERCORRIDO CHUPETES E MENORES A :
Nas inmediacions do campo de Futbol de San Tomé de Piñeiro.

PERCORRIDO MENORES B:
Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada hacia o Campo de Fútbol de San Tomé.( (1 Volta pequena).

PERCORRIDO MAIORES:
Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS:
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os primeiros da categoría absoluta.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º-250 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º-100 € e Trofeo
3º-50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª-250 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
ABSOLUTA INDEPENDIENTEMENTE DO SEXO
4º-10º= 20 €
11º-20 = 15 €
21º-30º= 10 €
EQUIPO MAIS NUMEROSO = 100€
TROFEO AO MELLOR CORREDOR MARINENSE MASCULINO E FEMEININO

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS:

REGALO DE CAMISETA TÉCNICA para a categoría absoluta para os 400 primeiros clasificados, SORTEO DE ENTRADAS PARA O 1º ECOPARQUE MULTIAVENTURA DE GALICIA, AVITUALLAMENTO para todos os participantes, REGALOS VARIOS para os máis pequenos (MEDALLAS,etc)
ORGANIZA: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Asociación Cultural Xuventude de Piñeiro, Asociación de Amigos da Mazá de San Tomé de Piñeiro.