El Blog de Tito
"El Ojo que todo lo Ve"
Páginas
Página principal
Archivo Fotográfico
Carreras en Galicia
X Carreira Expourense - Megaxove
Clasificaciones
Aqui
Fotos
Aqui
A X EDICIÓN DA CARREIRA EXPOURENSE – MEGAXOVE
, organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal baixo o patrocinio de EXPOURENSE, e que conta co permiso da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o Martes, día 8 de decembro de 2009, a partires das 11:15 horas da mañá, nas inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz. A proba estará suxeita ó seguinte
REGULAMENTO
: A participación queda aberta a tódolos deportistas interesados, independentemente de que sexan federados ou non. Os federados deberán facilitar na inscripción o seu número de licenza.
Establécense as seguintes categorías:
Cativos
nad@s en 2003 e con posterioridade
Benxamín
nad@s en 2001 e 2002
Alevín
nad@s en 1999 e 2000
Infantil
nad@s en 1997 e 1998
Cadete
nad@s en 1995 e 1996
Xuvenil
nad@s en 1993 e 1994
Iúnior
nad@s en 1991 e 1992
Promesa – Sénior
nad@s entre 1975 e 1990
Veteráns A (homes e mulleres)
nad@s entre 1965 e 1974
Veteráns B Homes
nados entre 1955 e 1964
Veteráns C Homes
nados en 1954 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres
nadas en 1964 e con anterioridade
A proba estará controlada polo Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense).
As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos nos se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán un agasallo ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións serán expostas no Stand do Club Ourense Atletismo Academia Postal en Megaxove, tra-la finalización de cada carreira, e na páxina web do Club ó longo da tarde.
Establécense os seguintes premios, que serán acumulativos na carreira absoluta:
Trofeo ós vencedores de cada unha das categorías, e medallas ó segundo e terceiro clasificado Trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira absoluta (Iúnior-Promesa-Senior-Veteráns), homes e mulleres Tamén haberá agasallos para os participantes.
INSCRICIÓNS: as inscricións se poderán realizar ata as 20:00 horas do domingo, 6 de decembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS PARA A CATEGORÍA ABSOLUTA O MESMO DÍA DA CARREIRA. Para o resto de categoríass, se poderán inscribir ata media hora antes da respectiva saída. Se habilitarán os seguintes medios para a inscrición:
Mediante un formulario específico accesible a través da páxina web
http://www.ourenseatletismo.com/
Remitindo a folla de Excel cuberta que se facilitará na mesma ubicación (equipos)
Na dirección de correo electrónico
ourenseatletismo@ourenseatletismo.com
A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.
Aqueles aspectos que non contemple o presente Regulamento se resolverán segundo o disposto no da Federación Internacional de Atletismo. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente Regulamento.
Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:
Hora
Categoria
Voltas
Distancia
11:15
Alevín – Infantil mulleres
1 volta G
1.200 m.
11:25
Alevín – Infantil homes
1 volta P + 1 volta G
2.050 m.
11:40
Cadete – Xuvenil mulleres
1 volta P + 1 volta G
2.050 m.
11:55
Cadete – Xuvenil homes
3 voltas G
3.600 m.
12:20
Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns
5 voltas G
6.000 m.
12:55
Benxamín Mixto
1 volta P
850 m.
13:05
Cativos
Mini volta
300 m.
13:30
ENTREGA DE PREMIOS
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)