CAMPIONATO GALEGO JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS, INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

Art.1) O Excmo. Concello de Ribadavia e a Federación Galega de Atletismo organizarán o vindeiro Domingo día 30 de xaneiro do 2011 o Campionato de Galicia de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos.
Art.2) Para o Campionato, a título individual, realizaranse as seguintes clasificacións: Absoluta (1991 e anteriores), promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres. E para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: sénior (1988 e anteriores) promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres.
Art.3) Poderán intervir todos aqueles atletas das citadas categorías que se atopen en calquera das seguintes condicións:
1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2010/11) por algún Club pertencente a Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA.
Art.4). Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías e unha clasificación absoluta a nivel individual. Para poder puntuar por equipos cada Club deberá clasificar a 4 corredores/as que formen o equipo, agás das categorías junior e promesa feminimo que será de 3. Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo. E da mesma maneira existirá un título honorífico ao club que obteña a mellor puntuación sumando os puntos acadados nas diferentes categorías: senior, promesa e junior, de ambos sexos.
Art.5) A forma de clasificación por equipos será a seguinte:
1. Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos (ata un máximo de 6), con exclusión dos atletas que non formen equipo no momento da saída.
2. Se un equipo queda incompleto ao final da carreira os clasificados serán incluídos na clasificación individual, pero isto non servirá para reaxustar as posicións dos demais membros dos equipos completos. Os equipos incompletos non serán incluidos na clasificación de clubes.
3. Esta lista só estará formada polos atletas dos Clubes que teñan enviado á Federación Galega no prazo previsto.
4. A cada atleta atribuiráselle un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta lista de chegada.
5. Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados de cada equipo, agás na categoría júnior e promesa feminina que será de 3 atletas.
6. Proclamarase vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos.
7. Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuxo cuarto (terceiro en júnior e promesa Mulleres), teña finalizado máis preto do gañador da proba.
8. Os atletas promesas en ningún caso puntuarán para a clasificación por equipos senior.
Art.6) Realizarase unha clasificación individual absoluta e das categorías junior e promesa, e unha clasificación por equipos nas categorías senior, promesa e junior.
Art.7). Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras:
CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA VOLTAS
11:00 Júnior Mulleres 5.000 m. aprox. 1P+2G
11:40 Júnior Homes 7.000 m. aprox. 1P+3G
12:15 Senior-Promesa (*) Homes 11.000 m. aprox. 1P+5G
13:10 Senior-Promesa (*) Mulleres 7.000 m. aprox. 1P+3G
P= Volta pequena G= Volta Grande (Ver plano circuito)
(*) Os/as atletas veteranos/as poderán participar como atletas da categoría senior e formar equipo, a tódolos efectos.
Art.8) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da FGA http://www.atletismogalego.org/ antes do martes día 25 de xaneiro ás 20:00 horas.
Art.9) Os Delegados oficiais dos Clubes, poderán retirar os seus dorsais, ata 45 minutos antes da saída de cada proba na secretaría de competición. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta.
Art.10) A orde de colocación dos equipos respectivos na saída establecerase por sorteo.
Art.11) Todos os atletas deberán pasar por cámara de chamadas 15 minutos antes da saída de cada proba.
Art.12) Entregaranse medallas ós tres primeiros atletas clasificados a nivel individual así como trofeos ós tres primeiros-as equipos clasificados en cada unha das categorías.
Art.13) Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo coas normas da I.A.A.F.

XIII Meia Maratona Manuela Machado, Viana do Castelo [Portugal]

Data: domingo, 30 de xaneiro de 2011.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Alameda 5 de outubro, Viana do Castelo (Portugal).
Distancia: 21.095 m, distância oficial – FPA/CNEC.
Mini Maratona
Caminhada Todos a andar - 4km aproximadamente.
Organiza: Cyclones Sanitop.
Web: Meia Maratona Manuela Machado (máis información e inscricións)
Email: cyclones (arroba) mmviana.com

III DÚATLON CROSS CONCELLO DE BEARIZ

Organiza:
Federación Galega de Tríatlon
Beariz Triatlon
Concello de Beariz
Persoas de contacto:
Floro González
Teléfono: 676 18 55 28

Data e horario da carreira:
Domingo 23 de xaneiro de 2011
As 11:00

Distancia:
Sprint: 5 km de carreira a pe – 21 km en bicicleta – 2,5 km de carreira a pe



PROBA CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO GALEGO

CATEGORIAS
Xunior, Absoluto e Veteráns tanto para masculino como para feminino
Saída – meta - Área de Transición: ‘Nos anexos do pavillón municipal”

Recollida dorsais: Ata as 10:20 horas.- ‘Nos anexos do pavillón municipal”
Reunión técnica: Ata as 10:30 horas.-

Control de material: De 10:00 h. a 10:45 h. A partir desta hora pecharase totalmente e non se admitirá ningún participante.

Premios:
•Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
Tódol@s que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do “III Duatlón cross Concello de BEARIZ”

XI CROSS DE BOBORÁS

DATA: 23/01/2011
HORARIOS DE SAÍDA:
- Categoría 1: 10.30 h (prebenxamins e benxamins)
- Categoría 2 e 3: 10.45 h (Alevins, infantis, cadetes, xuvenís e xunior)
- Categoría 4 e 5 e Canicross: 11.15 h (Senior e veterans)
DISTANCIA: Senior, veterans e canicross 8800 mts.
ORGANIZA: Concello de Boborás.

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de xuvencos. A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e estará situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.
2. Os participantes deberán de situase no punto de saída 10 minutos antes do comezo da súa correspondente proba, sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes das categorías 4 e 5 deberán de inscribirse todos na páxina web http://www.championchipnorte.com/, antes do día 21 de xaneiro ás 15.00 horas. Para as categorías menores (1, 2 e 3) a inscrición farase no correo electrónico cctma.boboras@hotmail.com ou persoándose no mesmo nas mesmas oficinas do Concello de Boborás. Deberán presentar os seguintes datos obrigatorios: Nome, Apelidos, Data de Nacemento completa, sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto, mail de contacto se ten, Clube se ten e se é federad@.
Para inscricións dos participantes de canicross, deberán facer en primeiro lugar a inscrición pola Web www.championchipnorte.com e seleccionar esa modalidade antes de finalizar o proceso de inscrición, e a continuación, deberán de enviar un fax ao número da organización 988402108 antes do día 20 ás 13.00 cos datos NIF, Nome, apelidos, data de nacemento completa, sexo, teléfono e mail de contacto, indicando que compiten en Canicross. Se personalizarán co nome ou Nick do participante tódolos dorsais das inscricións feitas con anterioridade ao martes día 18 de Xaneiro. Non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por outros medios diferentes á páxina web.
4. Cada participante deberá de achegarse ao punto de entrega de dorsais e chips, situado no pavillón municipal, para recoller o seu con antelación suficiente cun mínimo de 30 minutos de antelación a disputa da proba. O chip deberá entregarse ao remate da proba, ao atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro ou extravío. O chip deberá atarse na zapatilla.
5. O percorrido total será de 8800 metros, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo esta distancia segundo as categorías establecidas.
6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para home e outro para muller. Tamén haberá dous trofeos de honra para o atleta de máis idade que remate a proba, así como para o máis novo.
7. Tódolos participantes independentemente da categoría á que pertenzan, no momento no que entreguen o seu Chip, recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.
8. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais correspondentes.
9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
10. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro participar.
11. A inscrición poderase realizar a partir do 10 de Xaneiro, na páxina web http://www.championchipnorte.com/. Só haberá esta forma de inscrición excepto para os participantes de carreiras menos (1, 2 e 3) antes das 15.00 do día 20 segundo información anterior. Os participantes de Canicross deben seguir o procedemento de inscrición a maiores que se detalla anteriormente.

Imagenes cortesia de Xavi



MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CATEGORIAS MENORES / CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO POR CLUBES / CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CATEGORIAS MENORES
Ourense, 16 de xaneiro do 2011

A Delegación da FGA en Ourense organizará o XIII Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través o domingo 16 de xaneiro do 2011 en Ourense no circuito de Monterrei.
O Memorial está destinado ás seguintes categorías: benxamín (2002-2003), alevín (2000-2001) e infantil (1998-1999) (homes e mulleres).

Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras.
HORA / CATEGORIA / SEXO / DISTANCIA
10.30 / BENXAMIN / Mulleres / 800 m. aprox.
10:35 / BENXAMIN / Homes / 800 m aprox.
10.45 / ALEVIN / Mulleres / 1.500 m. aprox.
11.00 / ALEVIN / Homes / 2.000 m. aprox.
11.20 / INFANTIL Mulleres / 2.000 m. aprox.
11.40 / INFANTIL / Homes / 2.750 m. aprox.
 
CAMPIONATO GALEGO DE CROSS CORTO POR CLUBES
Ourense, 16 de xaneiro do 2011

A Delegación da FGA en Ourense organizará o Campionato Galego de cross corto por clubes o domingo 16 de xaneiro do 2011 en Ourense no circuito de Monterrei.
Poderan participar atletas das categorías promesa (nados en 1989, 1990 e 1991),senior (nados en 1988 e anteriores ata veterán) e veteráns (dende o dia que cumplen 35 anos).

Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras:
HORA / CATEGORÍA / SEXO / DISTANCIA
12:50 / Senior-Promesa / Mulleres / 4.000 m. aprox.
13:15 / Senior-Promesa / Homes / 4.000 m. aprox.

(*) Os/as atletas veteranos/as poderán participar como atletas da categoría senior e formar equipo, a tódolos efectos.

CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL E POR EQUIPOS
Ourense, 16 de xaneiro do 2011

A Delegación da FGA en Ourense organizará o Campionato Galego cadete e xuvenil individual e por equipos de campo a través o domingo 16 de xaneiro do 2011 en Ourense no circuito de Monterrei.
O Campionato disputarase na categoría cadete (anos 1996-97) e xuvenil (anos 1994-95) (homes e mulleres).

Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras.
HORA / CATEGORIA / SEXO / DISTANCIA
12.00 / CADETE-XUVENIL / Mulleres / 3.400 m. aprox.
12.20 / CADETE-XUVENIL / Homes / 5.400 m. aprox.

II Cross Concello da Pobra do Caramiñal - Campionato Galego de Veteráns de Campo a Través

Data: domingo, 9 de xaneiro de 2011.
Hora: a partir das 11:35 h.
Lugar: Praia de Cabio, Pobra do Caramiñal.
Distancia: de 5.300 a 7.300 m
Organiza: Concello de Pobra do Caramiñal e a Agrupación Deportiva do Barbanza
Inscrición: As inscricións farase na páxina web www.atletismogalego.org como máximo ata o martes 4 de xaneiro ás 20:00 horas. Deberán reflexar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa. Para a inscrición por equipos é imprescindible reflexar o nome do clube e os compoñentes do mesmo cos datos persoais arriba indicados.

REGULAMENTO
1. Poderán participar todos os atletas federados das seguintes categorías (homes e mulleres) que se atopen en calquera das seguintes condicións:
- Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2010/11) por algún Club pertencentes a Galicia.
- Atletas con ficha pola Federación Galega de Atletismo ainda que pertezan a clubes doutras Comunidades Autónomas.
- Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións
A nivel individual:
HOMES MULLERES
M-35 De 35 a 39 anos F-35 De 35 a 39 anos
M-40 De 40 a 44 anos F-40 De 40 a 44 anos
M-45 De 45 a 49 anos F-45 De 45 a 49 anos
M-50 De 50 a 54 anos F-50 De 50 a 54 anos
M-55 De 55 a 59 anos F-55 De 55 a 59 anos
M-60 De 60 a 64 anos F-60 De 60 a 64 anos
M-65 De 65 a 69 anos F-65 De 65 a 69 anos
M-70 De 70 a 74 anos F-70 De 70 a 74 anos
M-75 De 75 a 79 anos F-75 De 75 a 79 anos
M-80 De 80 a 84 anos F-80 De 80 a 84 anos
M-85 De 85 en adiande F-85 De 85 en adiante
A nivel de equipos:
HOMES MULLERES
M-35/M40 De 35 a 44 anos F-35/+ De 35 en adiante
M-45/ + De 45 en adiante

Os atletas poden baixar de categoría, sendo polo menos 2 dos atletas que puntúan no equipo da categoría na que se quere puntuar (a inferior). Un atleta poderá baixar de categoría para puntuar co seu equipo sempre que o manifeste á hora da inscrición, en caso contrario, puntuará co seu grupo de idade. Non se pode doblar. Non se permiten cambios o día da proba.

2. Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos; a clasificación por equipos farase en cada unha das 3 carreiras programadas.
Para realizar a clasificación por equipos sumaranse os postos obtidos polos 3 primeiros atletas en cada carreira. Resultará gañador o equipo que menos puntos obteña (en caso de empate, clasificarase en primeiro lugar o equipo no cal o seu 3º atleta quedase diante). Cada clube terá dereito a formar un só equipo por proba e deberá realizar a inscrición como tal.

3. DISTANCIAS E HORARIOS

HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA APROX.

11:35 Veteranas Mulleres 5300 metros
12:10 Veteráns (M35-M40) Homes 7300 metros
12:55 Veteráns (M45 e seguintes) Homes 5300 metros
14:20 Entrega de PREMIOS

4. As inscricións farase na páxina web www.atletismogalego.org como máximo ata o martes 4 de xaneiro ás 20:00 horas. Deberán reflexar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa. Para a inscrición por equipos é imprescindible reflexar o nome do clube e os compoñentes do mesmo cos datos persoais arriba indicados.

5. Os delegados oficiais dos Clubes poderán retirar na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN os seus dorsais ata 30 minutos antes da saída de cada proba. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta.

6. Tódolos atletas deberán pasar por cámara de chamadas 15 minutos antes da Saída da súa proba, onde deberán acreditar a súa identidade (presentación de ficha federativa, DNI ou documento acreditativo).

7. A orde de colocación dos equipos participantes na saída realizarase por sorteo.

8. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo coa normativa RFEA en vigor.