CAMPIONATO GALEGO JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS, INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

Art.1) O Excmo. Concello de Ribadavia e a Federación Galega de Atletismo organizarán o vindeiro Domingo día 30 de xaneiro do 2011 o Campionato de Galicia de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos.
Art.2) Para o Campionato, a título individual, realizaranse as seguintes clasificacións: Absoluta (1991 e anteriores), promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres. E para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: sénior (1988 e anteriores) promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres.
Art.3) Poderán intervir todos aqueles atletas das citadas categorías que se atopen en calquera das seguintes condicións:
1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2010/11) por algún Club pertencente a Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA.
Art.4). Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías e unha clasificación absoluta a nivel individual. Para poder puntuar por equipos cada Club deberá clasificar a 4 corredores/as que formen o equipo, agás das categorías junior e promesa feminimo que será de 3. Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo. E da mesma maneira existirá un título honorífico ao club que obteña a mellor puntuación sumando os puntos acadados nas diferentes categorías: senior, promesa e junior, de ambos sexos.
Art.5) A forma de clasificación por equipos será a seguinte:
1. Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos (ata un máximo de 6), con exclusión dos atletas que non formen equipo no momento da saída.
2. Se un equipo queda incompleto ao final da carreira os clasificados serán incluídos na clasificación individual, pero isto non servirá para reaxustar as posicións dos demais membros dos equipos completos. Os equipos incompletos non serán incluidos na clasificación de clubes.
3. Esta lista só estará formada polos atletas dos Clubes que teñan enviado á Federación Galega no prazo previsto.
4. A cada atleta atribuiráselle un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta lista de chegada.
5. Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados de cada equipo, agás na categoría júnior e promesa feminina que será de 3 atletas.
6. Proclamarase vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos.
7. Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuxo cuarto (terceiro en júnior e promesa Mulleres), teña finalizado máis preto do gañador da proba.
8. Os atletas promesas en ningún caso puntuarán para a clasificación por equipos senior.
Art.6) Realizarase unha clasificación individual absoluta e das categorías junior e promesa, e unha clasificación por equipos nas categorías senior, promesa e junior.
Art.7). Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras:
CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA VOLTAS
11:00 Júnior Mulleres 5.000 m. aprox. 1P+2G
11:40 Júnior Homes 7.000 m. aprox. 1P+3G
12:15 Senior-Promesa (*) Homes 11.000 m. aprox. 1P+5G
13:10 Senior-Promesa (*) Mulleres 7.000 m. aprox. 1P+3G
P= Volta pequena G= Volta Grande (Ver plano circuito)
(*) Os/as atletas veteranos/as poderán participar como atletas da categoría senior e formar equipo, a tódolos efectos.
Art.8) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da FGA http://www.atletismogalego.org/ antes do martes día 25 de xaneiro ás 20:00 horas.
Art.9) Os Delegados oficiais dos Clubes, poderán retirar os seus dorsais, ata 45 minutos antes da saída de cada proba na secretaría de competición. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta.
Art.10) A orde de colocación dos equipos respectivos na saída establecerase por sorteo.
Art.11) Todos os atletas deberán pasar por cámara de chamadas 15 minutos antes da saída de cada proba.
Art.12) Entregaranse medallas ós tres primeiros atletas clasificados a nivel individual así como trofeos ós tres primeiros-as equipos clasificados en cada unha das categorías.
Art.13) Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo coas normas da I.A.A.F.

No hay comentarios:

Publicar un comentario