XXVII Carreira Popular Vila de Leiro

A XXVII carreira popular de Leiro, organizada polo Club amigos do deporte de Leiro celebrarase o domingo 4 de xullo de 2010.
 
Regulamento
 
1º.A saída será:
a) Ás 10:45 h. para a categoría A.
b) Ás 11:00 h. para as categorías B, C e D.
c) Ás 11:30 h. para as categorías, E, F, G, H, I e J. da Praza do Cruceiro, sendo este tamén o punto de chegada.
2º.As inscricións pecharanse sen excepción ás 20:00 h. do día 2 de Xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º.A todos os participantes facilitaráselles o dorsal e chip correspondiente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º.Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar ós participantes que comenta algunha irregularidade.
5º.O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chegue o primeiro a meta.
6º.A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeros auxilios. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7º.Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a súa idade con DNI oi calquera documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
8º.Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
9º.O descoñecemento deste regulamente non exime do seu cumprimento.

 
Categorias e Percorridos

 

 
Percorrido Categoría A
Percorrido Categoría B, C e D

 
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J
(Volta Pequena)
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J (Volta Grande)

 

 

 
Inscicións Categorías Absolutas

 
A inscrición das categorías E, F, G, H, I e J será por medio da páxina web www.championchipnorte.com (se non es usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes).
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, NIF, data de nacemento completa, club, localidade e teléfono.
Os corredores que non posúan o chip amarelo terán que pagar 2€, en concepto de aluger no momento de recoller o dorsal e o chip.
Para calquera dúbida relativo ó proceso de inscrición podedes dirixirvos ó teléfono 982 81 68 84.

Inscicións Categorías Infantiles

A inscrición para as categorías A, B, C e D será por medio do email clubamigosdodeporte@gmail.com, por fax ó número 988 488 463 ou o teléfono 988 48 80 00 de 9 a 14 horas.
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, data de nacemento completa, club e localidade.

AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBLIGATORIOS.

Premios
  • Trofeo e premio en metálico de 300€, 200€ e 100€ ó 1º, 2º e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
  • Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría.
  • Os trofeos non son acumulativos.
  • Trofeo ó de maior idade e ó máis novo.
  • Medalla ós participantes das categorías A, B, C e D que rematen a carreira.
  • Os premios en metálico serán para os que realicen o percorrudo de 9.321 metros.
  • Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.

 
O resto da información Aquí

IV Carreira do Tangaraño

REGULAMENTO XERAL

1º.– A asociación “ O Tangaraño” coa Asociación de veciños, en colaboración co Concello de Barbadás organiza o Domingo 27 de junio de 2010 a “IV carreira do Tangaraño”
2º.- Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando prohibido doblalo ou cortalo. Será motivo de descalificación o non cumprir este artigo.
3º.- Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
4º.- Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.
5º.- O Concello de Barbadás e os colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6º.-As categorías tanto para Homes como para mulleres, circuitos, e hora de escomenzo serán as seguintes:
10:00 horas, recorrido de 50 metros e inicio de Andaina
Pitufos. Nacidos en 2004 e posteriores recorrido de 100 metros e saida andaina
10:05 horas, recorrido de 200 metros
Benjamines. Nacidos de 2003 ata 2000,
10:15 horas, recorido de 2000 metros
juveniles. Nacidos de 1999 a 1994.
10:30 horas recorrido de 10.800 metros
Senior nacidos de 1993 a 1974
Veteranos A nacidos de 1973 a 1963
Veteranos B nacidos de 1962 a 1955
Veteranos C nacidos en 1954 e anteriores
7º.- Inscricións: Tiendas Turini y correo electrónico etelbf@gmail.com  - Información Tfono. 630894574 Etel
8º.- RECOLLIDA DE DORSAIS: No lugar de inscripción ou ben, o mesmo día da proba, no lugar da saída (diante do local da Asociación de Veciños) ata 30 minutos antes do inicio da competición. Recoméndase chegar con antelación para evitar colas de última hora.
9º.- PREMIOS: Pendiente
10º.- Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a aceptación do regulamento da proba.
11º.- CRONO. Correrá a cargo da organización.
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
Disporase de moto escoba para aqueles corredores que por algunha razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
12º.- AVITUALLAMENTOS: haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na Meta.
13º.- SERVICIO DE VESTUARIOS E DUCHAS: Campo de Futbol de parada.

Perfil do Percorrido

En Contra da Suspensión da NOCTURNA DO CORPUS

Facendome eco do post publicado polo correlega "Xavi" no seu blog e no Facebook, animarvos a pasar pola paxina do enlace de abaixo a asinar esta reivindicación tan xusta.

Para: CONCELLO DE DEPORTES DE OURENSE

A gran familia de atletas e corredores populares ourensáns desexa expresar por medio diste manifesto o seu mais profundo malestar pola supresión da Carreira nocturna do Corpus.O principal argumento presentado dende a Concellería de Deportes, a imposibilidade de pechar ó tráfico a rúa Progreso (en obras) quedou sen validez e peso dende o intre que no Concello se decidiu, desta xeira sí, pecha-la mencioada rúa por mor das barracas das festas

(NON ESQUEZADES POR O VOSO DNI A CONTINUACIÓN DO NOME E APELIDOS)

VII Carreira Nocturna de Celanova


Data: sábado, 26 de xuño de 2010

Hora: Proba absoluta ás 22:30 h. A saída das carreiras escolares darase na Praza Maior ás 21:00 h. Os participantes deberán situarsee na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta.
Lugar: Celanova, Ourense
Inscrición: ata o 24 de xuño ás 22:00 h
Web: ata o 24 de xuño ás 22:00 en Championchip Norte ou no pavillón de deportes de Celanova.

Entregarase trofeos os primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorias:prebenxamíns,benxamíns alevín,cadete,e xuvenil e recibiran medalla todolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Carreira absoluta
Clasificación:será absoluta e por categorias.
Entregarase trofeo os primeiros clasificados homes e mulleres de cada categoria.
Podrán participar todos os atletas que o desexen estén ou non federados,coa excepción dos atletas extranxeiros que foran internacionais co seu país nos últimos cinco anos.
Inscripcións: http://www.championchipnorte.com/ e no pavillón de deportes de Celanova, teléfono 988 431 484
Data límite de inscripción 24 de xuño ás 22:00 horas.
Retirada de dorsais o longo do sabado 26 de xuño na oficina de turismo e en liña de saida dende as 18:00 horas
Servicio de duchas: no pavillón de deportes.



Categorias e Percorridos


Premios

Trofeos ós tres primeiros da clasificación absoluta e o primeiros de cada categoria.

Trofeo o primeiro corredor da mancomunidade de celanova en cada categoria masculino e femininino.

Trofeo especial corredor con mais idade.

Inscripción gratuita,calquer dubida chamar o teléfono 988 431 484.

VI Carreira Nocturna Xinzo de Limia

A VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Esta proba celebrarase o sábado 19 de xuño de 2010, a partir das 20:30 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL
 
  • A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.
  • Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
  • Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
  • O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
  • A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
  • A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
  • Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

O descoñecemento deste regulamento no exime do seu cumprimento.

CATEGORIAS


PERCORRIDO

PREMIOS

 
INSCRICIONS
A inscrición é gratuíta para tódalas categorías, e poderase facer ata o día 17 de xuño ás 20:00 H.
Non se admitirán inscricións para a carreira absoluta o día da proba.
Os datos necesarios para a inscrición son:
Nome e Apelidos, data de nacemento completa, sexo, Clube , Procedencia e Teléfono.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licencia.
Formas de realiza-la inscrición:
Por fax: 988550112
Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

 
INSCRIBETE

 

 
LISTA DE INSCRITOS

 

II Carreira Popular de Cambados

Data: domingo, 13 de xuño de 2010
Hora: 11:00 h
Lugar: Cambados
Distancia: 10.000 m
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados
Inscrición: ata o xoves 10 de Xuño ás 24:00 horas en  Championchip Norte

A II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados, celebrarase o vindeiro Domingo, 13 de Xuño ás 11:00 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A proba estará suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

Celebrarase unha sola proba de 10.000 metros CON CONTROL DE CHIP, por un circuito urbano , con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.


CATEGORÍAS HOMES

XM: Xuvenís- Junior- Promesa: 1994-1988
SM: Senior: 1987-1974
VAM: Veteranos A: 1973-64
VBM: Veteranos B: 1963-54
VCM: Veteranos C: 1953 e anteriores.

CATEGORÍAS MULLERES

XF: Xuvenís- Junior- Promesa: 1994-1988
SF: Senior: 1987-76
VAF: Veteranas A: 1975-66
VBF: Veteranas B: 1965 e anteriores


Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á liña de meta sen o seu chip, non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolvelo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIP. Este chip, finalizada a proba, non ten ninguna utilidade.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado por kilómetro.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Contarase cun servicio de ambulancia e cun seguro de accidentes.

Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal das 11:30 ás 14 horas.


INSCRIPCIÓNS

DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓVIL, CLUBE (se o ten).

PRAZO: Ata o xoves 10 de xuño, ás 24 horas. A través da páxina web : http://www.championchipnorte.com/



PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA .

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos ó teléfono: 982 81 68 84.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba: Sección de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados ou ó teléfono 607518438 (Alfredo V. Oliveira)

Non se admitirán inscripcións fora de plazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS ( NA MESMA PRAZA), a partir das 9: 00 horas ata media hora antes do inicio da proba.

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS

Camisetas conmemorativas ata fin de existencias no momento de retira-lo dorsal e o chip.
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS NA PROBA

Iguais para homes e mulleres
1º 500 €
2º 400 €
3º 300 €
4º 200 €
Los premios en metálico estarán sujetos a las obligaciones tributarias.

ENTREGA DE PREMIOS

Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un pagaré unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será na Praza de Fefiñáns e comenzará sobre as 12:30 horas (aproximadamente)

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.

IV Subida Rocas – O Eirado / IV Andaina Popular Concello de Esgos

O día 6 de Xuño terá lugar a IV Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a IV Andaina popular Concello de Esgos.

IV Andaina Popular. Esgos 2010 / IV Subida Rocas - O Eirado

Data:
Domingo 6 de Xuño de 2010

Organiza:
Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces

Provincia:
Ourense

Nome das Probas:
•Carreira de montaña: "IV Subida Rocas - O Eirado"
•Carreira: Campionato Galego de Montaña
•Andaina: IV Andaina Popular Concello de Esgos

Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
•As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
•Andaina: 09.30
•Carreira: 10.30

Chegadas:
•Carreira: O Eirado
•Andaina: Esgos

Distancia:
•Carreira: 13 Km.
•Andaina: 21 Km.




Percorrido da Andaina:
•Sairemos da Praza da Souteira (582m) fronte a casa do concello.
•Diriximonos hacia a Meiroá para comenzar a subida hacia a Virxe do Monte (962m) pasando polo Mosteiro de San Pedro de Rocas (avituallamento líquido), e polo pobo de Arcos.
•Na Virxe do Monte (962m - punto máis alto polo que pasa a Andaina) haberá un avituallamento líquido e sólido.
•Dende a Virxe do Monte (962m) comezará o descenso hasta chegar o punto de saída en Esgos (582m).
•No descenso pasaremos polos seguintes pobos: Xaravedra, Pensos, Fondodevila, Casanova, Reboral e Melón Baixo.

Percorrido da Carreira:
•Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
•Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
•Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
•Subida ata a estrada asfaltada
•Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
•Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
•No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido 
•A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.


Toda a información Aquí