IV Carreira do Tangaraño

REGULAMENTO XERAL

1º.– A asociación “ O Tangaraño” coa Asociación de veciños, en colaboración co Concello de Barbadás organiza o Domingo 27 de junio de 2010 a “IV carreira do Tangaraño”
2º.- Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando prohibido doblalo ou cortalo. Será motivo de descalificación o non cumprir este artigo.
3º.- Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
4º.- Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.
5º.- O Concello de Barbadás e os colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6º.-As categorías tanto para Homes como para mulleres, circuitos, e hora de escomenzo serán as seguintes:
10:00 horas, recorrido de 50 metros e inicio de Andaina
Pitufos. Nacidos en 2004 e posteriores recorrido de 100 metros e saida andaina
10:05 horas, recorrido de 200 metros
Benjamines. Nacidos de 2003 ata 2000,
10:15 horas, recorido de 2000 metros
juveniles. Nacidos de 1999 a 1994.
10:30 horas recorrido de 10.800 metros
Senior nacidos de 1993 a 1974
Veteranos A nacidos de 1973 a 1963
Veteranos B nacidos de 1962 a 1955
Veteranos C nacidos en 1954 e anteriores
7º.- Inscricións: Tiendas Turini y correo electrónico etelbf@gmail.com  - Información Tfono. 630894574 Etel
8º.- RECOLLIDA DE DORSAIS: No lugar de inscripción ou ben, o mesmo día da proba, no lugar da saída (diante do local da Asociación de Veciños) ata 30 minutos antes do inicio da competición. Recoméndase chegar con antelación para evitar colas de última hora.
9º.- PREMIOS: Pendiente
10º.- Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a aceptación do regulamento da proba.
11º.- CRONO. Correrá a cargo da organización.
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
Disporase de moto escoba para aqueles corredores que por algunha razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
12º.- AVITUALLAMENTOS: haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na Meta.
13º.- SERVICIO DE VESTUARIOS E DUCHAS: Campo de Futbol de parada.

Perfil do Percorrido

No hay comentarios:

Publicar un comentario