II Carreira Popular do Arenteiro, O Carballiño

Percorrido
Data: sábado, 16 de outubro de 2010.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: O Carballiño.
Distancia: de 200 a 7.700 m.
Organiza: Concello do Carballiño.
 Inscrición: O PRAZO DE INSCRICIÓN das categorías D,E,F,G,H,I,J,K pechará o mércores 13 de outubro ás 20:00 horas, ou cando se completen os 250 inscritos.
Perfil do Percorrido

Categorías
Categoría / Nome / Ano nacemento / Hora / Distancia
A - PITUFOS 2006, 07, 08 - 16:30 - 200 m.
B - PREBENXAMÍN 2004, 05 16:45 - 500 m
C - BENXAMÍN 2001, 02, 03, 17:00 - 500 m.
D - ALEVÍN 1998, 99, 00 - 17:15 - 2km
E - INFANTIL- CADETE 1994, 95, 96, 97 - 17:15 - 2 Km.
SPECIAL OLYMPICS - 17:20 - 1,5 Km.
18:00 - 7.700 m
F - XUNIOR 1991, 92, 93
G - SENIOR A de 1980 a 1990
H - SENIOR B de 1970 a 1979
I - VETERANOS “A” de 1960 a 1969
J - VETERANOS “B” de 1950 a 1959
K - VETERANOS “C” ata 1949

Os Km. estarán sinalados ao longo do percorrido da carreira absoluta. Haberá avituallamento líquido no km 4 e líquido e sólido en meta

PREMIOS
Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, de cada categoria.
Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos
Trofeo ó primeiro carballiñés. (o trofeo é acumulativo)
Trofeo á primeira carballiñesa.(o trofeo é acumulativo)
Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.

PREMIOS OS ATLETAS QUE REMATEN A SUA PROBA
Camiseta técnica para todos os participantes.
Bolsa zapatillera para todos os participantes das categorías D,E.
Medallas para todos os participantes das categorías A, B, C e SPECIAL OLYMPICS.

INSCRICIÓNS

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS INFANTILES
A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A,B,C. e faranse no Concello do Carballiño ( Departamento de Prevención en Drogodependencias) ou no número de telefono 988530007.
O prezo de inscrición das categorías D, E. é de 2 € ( ingresaranse CAIXA NOVA no número de conta 2080 0835 05 0040004560 ) e farase por medio de http://www.turesultado.es/CalendarioInscripcion.aspx . Para calqueira dúbida, chamar ós teléfonos 946 412 467 / 663 822 224 Horario: 9:00 - 19:00

INSCRICIÓNS CATEGORÍA ABSOLUTA
O prezo de inscrición das categorías F,G,H,I,J,K. é de 5 € ( ingresaranse CAIXA NOVA no número de conta 2080 0835 05 0040004560) e farase por medio de http://www.turesultado.es/CalendarioInscripcion.aspx . Para calqueira dúbida, chamar ós teléfonos teléfonos 946 412 467 / 663 822 224
Horario: 9:00 - 19:00
Número máximo de participantes da proba absoluta: 250 participantes.
O PRAZO DE INSCRICIÓN das categorías D,E,F,G,H,I,J,K pechará o mércores 13 de outubro ás 20:00 horas, ou cando se completen os 250 inscritos.

“AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS. AS CATEGORÍAS A, B e C PODERÁN INSCRIBIRSE ATA MEDIA HORA ANTES DA CARREIRA”

REGULAMENTO XERAL

1º) PROBAS: Celebraranse SEIS probas con percorridos e horarios diferentes segundo as categorías:
2º) As inscricións pecharanse sin excepción ás 20:00 horas do 13 de outubro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) Ós participantes das categorías D,E,F,G,H,I,J,K facilitaráselles o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º) Ós participantes das categorías A,B,C facilitaráselles o dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
5º) Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.
6º) O control de chegada pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado da carreira absoluta.
7º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios e fisioterapeuta.
8º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
9º) Duchas: habilitarase o estadio de fútbol ESPIÑEDO DO CLUB ARENTEIRO ( para homes e mulleres).
10º) RESULTADOS: http://www.turesultado.es/CalendarioResultado.aspx e en http://www.correrengalicia.org/
11º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
12º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.