XXVII Carreira Popular Vila de Leiro

A XXVII carreira popular de Leiro, organizada polo Club amigos do deporte de Leiro celebrarase o domingo 4 de xullo de 2010.
 
Regulamento
 
1º.A saída será:
a) Ás 10:45 h. para a categoría A.
b) Ás 11:00 h. para as categorías B, C e D.
c) Ás 11:30 h. para as categorías, E, F, G, H, I e J. da Praza do Cruceiro, sendo este tamén o punto de chegada.
2º.As inscricións pecharanse sen excepción ás 20:00 h. do día 2 de Xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º.A todos os participantes facilitaráselles o dorsal e chip correspondiente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º.Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar ós participantes que comenta algunha irregularidade.
5º.O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chegue o primeiro a meta.
6º.A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeros auxilios. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7º.Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a súa idade con DNI oi calquera documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
8º.Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
9º.O descoñecemento deste regulamente non exime do seu cumprimento.

 
Categorias e Percorridos

 

 
Percorrido Categoría A
Percorrido Categoría B, C e D

 
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J
(Volta Pequena)
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J (Volta Grande)

 

 

 
Inscicións Categorías Absolutas

 
A inscrición das categorías E, F, G, H, I e J será por medio da páxina web www.championchipnorte.com (se non es usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes).
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, NIF, data de nacemento completa, club, localidade e teléfono.
Os corredores que non posúan o chip amarelo terán que pagar 2€, en concepto de aluger no momento de recoller o dorsal e o chip.
Para calquera dúbida relativo ó proceso de inscrición podedes dirixirvos ó teléfono 982 81 68 84.

Inscicións Categorías Infantiles

A inscrición para as categorías A, B, C e D será por medio do email clubamigosdodeporte@gmail.com, por fax ó número 988 488 463 ou o teléfono 988 48 80 00 de 9 a 14 horas.
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, data de nacemento completa, club e localidade.

AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBLIGATORIOS.

Premios
  • Trofeo e premio en metálico de 300€, 200€ e 100€ ó 1º, 2º e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
  • Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría.
  • Os trofeos non son acumulativos.
  • Trofeo ó de maior idade e ó máis novo.
  • Medalla ós participantes das categorías A, B, C e D que rematen a carreira.
  • Os premios en metálico serán para os que realicen o percorrudo de 9.321 metros.
  • Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.

 
O resto da información Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario