IX Carreira Solidaria Lugo Monumental

Data: domingo, 19 de decembro de 2010.
Hora: 11:00 h.
Lugar: Lugo
Distancia: 10.000 m aproximadamente.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Lugo.

Categorias
Estableceranse as seguintes categorías Masculinas e Femininas:
Categoria E --------------Nadas/os entre 1989 e 1994
Categoría F --------------Nadas/os entre 1975 e 1988
Categoria G --------------Nadas/os entre 1965 e 1974
Categoria H --------------Nadas/os entre 1955 e 1964
Categoria I ---------------Nadas/os entre 1945 e 1954
Categoria J ---------------Nadas/os entre 1944 e anteriores


Inscripcións
A INSCRICIÓN ESTARÁ LIMITADA A 1.500 ATLETAS ENTRE A CATEGORÍA MASCULINA E FEMININA donativo de 2 € +1€ Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo
Inscricións ON-LINE 1300 PRAZAS a partires do Venres 3 de Decembro
Inscrición PRESENCIAL 200 PRAZAS a partires do Mércores 09 DE DECEMBRO
pagamento on-line de 2 € na web de http://www.championchipnorte.com/ tamén se pode aceder a través de
PECHARASE o MERCORES 15 DE DECEMBRO ás 20:00 h, OU NO MOMENTO NO QUE SE CHEGUE AOS 1.500 ATLETAS INSCRITOS, MOMENTO A PARTIR DO QUE NON SE RECOLLERÁN MÁIS INSCRICIÓNS, PECHÁNDOSE DEFINITIVAMENTE TODA POSIBILIDADE DE INSCRICIÓN.
DORSAIS PREFERENTES
Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10 km Para solicitar un Dorsal Preferente, será necesario solicitalo expresamente no proceso de inscrición. Se deberá de enviar un email á dirección deportes@concellodelugo.org co Asunto : “DORSAL ELITE LUGO MONUMENTAL” indicando :
Datos Persoais - Marca - Proba e Data da mesma
HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR DO DORSAL ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día anterior da proba (18 de decembro de 2010) na CARPA DA ORGANIZACIÓN situada na parte traseira da Casa do Concello na Praza Maior en horario das 17:00 h ás 20:30 h e o día da carreira (19 de decembro de 2010) desde as 09:00 h ata ás 10:30 h dentro da mesma carpa.

Percorrido
A saída terá lugar no tramo peatonal da Ronda da Muralla fronte o Edificio Administrativo do Concello (Seminario) e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km.
Saída Ronda Muralla con xiro a esquerda en dirección á rúa Vilalba- Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaránse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeneral Tella, Praza de Avilés, xiro á esquerda en direccion Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos, e chegada á Meta situada á altura da Casa do Concello.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non
observancia desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas acompañados.
Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a totalidade do circuíto. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR ENRRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO. Os atletas que non reúnan todos os rexistros serán descalificad@s
O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro clasificado.
Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o CHIP de cronometraxe, poderán acceder á zona reservada para eles, onde atoparán os servizos de fisioterapia.
- APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
-GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servicio de gardarroupa.
-DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)


No hay comentarios:

Publicar un comentario