XIII Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño


Data: sábado, 31 de decembro de 2011.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: Parque Náutico de Galicia, Castrelo de Miño.
Distancia: de 2.200 a 7.400 m.
Inscrición: ata o 28 de decembro.

A "XIII Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño" é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo organizada polo Concello de Castrelo de Miño e a delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo. Celébrase o sábado 31 de decembro de 2011, a partir das 16:30 h. no concello de Castrelo de Miño e a hora prevista de finalización son as 18:30 horas.

SAÍDA- CHEGADA
A saída e chegada da proba serán no mesmo punto, situado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño.

HORARIO
Categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, sairán ás 16:30 horas.- Categorías Xuvenil, Junior, Promesa e Senior/Veterano, sairán ás 16:40 horas.

PERCORRIDO
A proba absoluta consistirá en 1 volta a un circuíto de 7400 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado e para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete 1 volta de 2200 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado.



INSCRICIÓNS
Os participantes poden inscribirse na web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org, nas oficinas municipais do Concello de Castrelo de Miño sitas no albergue do Parque Náutico de Castrelo de Miño ou no teléfono 988 493 000 en horario de 8:30 a 15:00 horas.
A inscrición pecharase o 28 de decembro ás 22:00 horas.

RECOLLIDA DE DORSAIS
O mesmo día da carreira dende as 15:00 ata as 16:00 horas na zona de saída e meta.


CATEGORÍAS
Categoría Idades Distancia
BENXAMIN 8 e 9 2200 m.
ALEVIN 10 e 11 2200 m.
INFANTIL 12 e 13 2200 m.
CADETE 14 e 15 2200 m.
XUVENIL 16 e 17 7400 m.
JUNIOR 18 e 19 7400 m.
PROMESA 20,21 e22 7400 m.
SENIOR 23 ou mais 7400 m.
VETERANO 35 ou mais 7400 m.

PREMIOS
Medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría masculino e feminino.
Vales de material deportivo para os 3 primeiros clasificados na Carreira Absoluta masculino e feminino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario