CAMPIONATO PROVINCIAL ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVES - TEMPADA 2010/2011

A Delegación en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo organiza o “CAMPIONATO PROVINCIAL ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVES”, a celebrar o día 20 de febreiro do ano 2011 no circuito do ”Aguillón” no Concello de A Rúa – Ourense.
Poderán participar tódolos atletas con licencia federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2010-2011.

HORARIO
11.00 H.- JV-JR Y VETERANOS C Y D MASCULINA 4 Voltas (5.280 metros aprox.)
11.30 H.- JV-JR-PR-SR Y VETERANAS FEMENINA 3 Voltas (4.260 metros aprox.)
12.00 H.- PR-SR VETERANOS A Y B MASCULINA 6 Voltas (8.520 metros aprox.)
13.00 H.- ENTREGA DE TROFEOS.

LUGAR.- COMPLEXO DEPORTIVO DE O AGUILLON (A RUA)

I - Volta à Fortaleza Valença do Minho, Portugal

Data: 20 de febreiro de 2011.
Hora: 10:00 h.
Lugar: Valença do Minho, Portugal.
Distancia: - 8.750 metros
Organiza: - AEV conjuntamente com CAR Marisqueiro

El club, C.A.R Marisqueiro conjuntamente con la AEV (Asociación de empresarios de Valença) y con la colaboración de la Camara Municipal de Valença, organiza el I Cross Volta a Fortaleza que se celebrara el día 20 de febrero a las 10h (hora portuguesa).
El circuito de la carrera, discurre en su totalidad por los alrededores de la fortaleza de Valença, constando de 3 vueltas con una distancia de 8500m.
El circuito discurre por varios tipos de terreno: adoquinado, césped y una subida espectacular con pequeños escalones, lo que hace del circuito un recorrido técnico y divertido.


Toda la Información Aquí

XI Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós, Lugo

Data: domingo, 20 de febreiro.
Hora: 12:00 h.
Lugar: Novo Tramo Avenida Infanta Elena, Lugo.
Distancia: sobre 5.000 m.
Servicios: Aparcadoiro e Duchas Polideportivo Casa do Deporte (FRIGSA)
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Lugo.
Inscrición: Championchip Norte
Web: Corre con Nós 2010-11 (máis información)

XLVI Campeonato de España Campo a Traves por clubes

INFORMACIÓN DE LA PRUEBA
Fecha: 13/02/2011
Tipo Competición: Campo a Través
Tipo Campeonato: Campeonato de España por clubes
Descripción: XLVI Campeonato de España Campo a Traves por clubes
Nivel Competición Nacional Federación HUELVA
Sede y ubicación: Punta Umbria (Huelva)

Información: Aquí


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

A Federación Galega de Atletismo organizará en Pontevedra, o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta o domingo día 13 de febreiro do 2011.
Poderán intervir todos aqueles atletas que o desexen e que se atopen en calquera das seguintes condicións:
1. Atletas que teñan fichado durante a tempada actual (2010/11) por algún Clube pertencente a Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., aínda que pertenzan a Clubes doutras CCAA..
3. Atletas non galegos ou estranxeiros convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.






Horario e distancias do Campionato:
11:00 horas Alevín-infantil Homes e Mulleres 3 Km
11.30 horas Cadete Homes e Mulleres 5 km
12:10 horas Benxamín Homes e Mulleres 2 Km
12:30 horas Xuvenil-Juniorveteranos
12:30 horas Homes e mulleres 10 km
12:30 horas Promesa-Senior Mulleres 10 Km
12:30 horas Promesa-Senior Homes 10 Km

XXVII Maratón Ciudad de Sevilla

27 Maratón Ciudad de Sevilla - Gran Premio Andalucía - Campeonato de España de Maratón
Fecha: 13 de febrero de 2011
Hora de salida: 9:30 horas.
Lugar de Salida: Pista de atletismo del Estadio Olímpico de Sevilla.
Meta: Pista de atletismo del Estadio Olímpico de Sevilla.
Cierre de meta: a las 14:30 horas (5 horas después de haberse dado la salida).
Circuito: 42 km. y 195 m. Circuito totalmente urbano, medido y homologado por la RFEA y la AIMS. Prácticamente llano y sin desniveles: punto más bajo 1,5 mts., en salida y punto más alto 20,45 mts., en km. 24.
Cronometraje y Controles: La prueba estará cronometrada mediante sistema Chip Time, con once controles (salida, kms 5, 10, 15, 20, 25, 30, 35 y 40, media maratón y meta); asímismo, estará controlada en Meta con un lector de código de barras y por el Comité de Jueces de la RFEA.

X Carreira Popular Virxe das Dores, Lalín - Premio Feira do Cocido - Memorial Vicente Agulló

Data: sábado, 12 de febreiro de 2011.
Hora:
16:30 Horas: de 2 a 15 anos.
18:00 Horas: resto de categorías.
Lugar: saída e meta entorno do multiusos Lalín Arena.
Distancia: de 100 a 8.000 m.
Organiza: Escola de Atletismo Deza e o Concello de Lalín.
Inscrición: Dende o 24 de xaneiro ó 10 de febreiro de 2011 as 20:00 horas.
DATOS OBRIGATORIOS PARA A INSCRICIÓN: nif, nome, apelidos, data nacemento, sexo, dirección, código postal, localidade, móvil, clube (se o ten).
INSCRICIÓN de ADULTOS: Championchip Norte
INSCRICION ATA 15 ANOS: Championchip Norte, excepcionalmente e soio nos casos en que os rapaces non dispoñan de NIF a inscrición farase no Pavillón de Deportes de Lalín ou no teléfono 986.78.34.26 en horario de 9 a 14:00 horas.
O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS.
PREZO DA INSCRICIÓN: Maiores de 16 anos (inclusive) (proba absoluta): 2 €
Menores de 15 anos (inclusive): gratis.
21 Categorías. Dende 2 anos en adiante.
Trofeos: Os tres primeiros de cada categoría. Trofeo o primeiro local de cada categoría.
Trofeo o atleta de mais idade tanto masculino como femenino.
Obsequios: Camisetas para os participantes ata esgotar existencias. Ata 13 anos medallas para todos. Servizo de duchas no Lalín Arena o término da carreira.
REGULAMENTO
1) A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada a línea de meta. O feito de non levalo dará lugar a descalificación do corredor.
2) Tamén estarán identificados a través dun chip que se entregará a cada corredor (excepción feita dos propietarios de chip amarelo), e que deberán colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non entrarán na clasificación e serán descalificados. Todos os corredores menos os propietarios de chip amarelo teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba.
3) O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 1 hora antes da saída de cada proba.
4) A carreira para as categorías dende 2 a 15 anos comenzará as 16:30 horas. Para as restantes categorías ás 18:00 horas.
5) O longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
6) Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
7) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de Protección Civil.
8 ) Dado o carácter eminente popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.
9) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORA DE SAÍDA
CATEGORÍAS ... ANO NACEMENTO ... DISTANCIA ... HORA DE SAÍDA

Saída ás 16:30 h
Pitufos (Categoría mixta) ... 2008 – 2009 ... 100 m.
Pre-benxamín (masculino e femenino) ... 2005-2006-2007 ... 500 m.
Benjamín (masculino e femenino) ... 2002-2003-2004 ... 800 m.
Alevín (masculino e femenino) ... 2000-2001 ... 1.100 m.
Infantil(masculino e femenino) ... 1998-1999 ... 2000 m.
Cadete (masculino e femenino) ... 1996-1997 ... 2000 m.

Saída ás 18:00 h ... 8.000 m
Xuvenil (masculino e femenino) ... 1994-1995
Senior A (masculino e femenino) ... 1982-1993
Senior B (masculino e femenino) ... 1971-1981
Veteranos A Masculino ... 1961-1970
Veteranos B Masculino ... 1951-1960
Veteranos C Masculino ... 1950 e anteriores
Veteranas Femenino ... 1970 e anteriores

CAMPIONATO GALEGO JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS, INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

Art.1) O Excmo. Concello de Ribadavia e a Federación Galega de Atletismo organizarán o vindeiro Domingo día 30 de xaneiro do 2011 o Campionato de Galicia de Campo a Través junior, promesa e absoluto individual e por equipos.
Art.2) Para o Campionato, a título individual, realizaranse as seguintes clasificacións: Absoluta (1991 e anteriores), promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres. E para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: sénior (1988 e anteriores) promesa (1989, 1990 e 1991) e junior (1992 e 1993) tanto en homes coma mulleres.
Art.3) Poderán intervir todos aqueles atletas das citadas categorías que se atopen en calquera das seguintes condicións:
1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2010/11) por algún Club pertencente a Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA.
Art.4). Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías e unha clasificación absoluta a nivel individual. Para poder puntuar por equipos cada Club deberá clasificar a 4 corredores/as que formen o equipo, agás das categorías junior e promesa feminimo que será de 3. Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo. E da mesma maneira existirá un título honorífico ao club que obteña a mellor puntuación sumando os puntos acadados nas diferentes categorías: senior, promesa e junior, de ambos sexos.
Art.5) A forma de clasificación por equipos será a seguinte:
1. Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos (ata un máximo de 6), con exclusión dos atletas que non formen equipo no momento da saída.
2. Se un equipo queda incompleto ao final da carreira os clasificados serán incluídos na clasificación individual, pero isto non servirá para reaxustar as posicións dos demais membros dos equipos completos. Os equipos incompletos non serán incluidos na clasificación de clubes.
3. Esta lista só estará formada polos atletas dos Clubes que teñan enviado á Federación Galega no prazo previsto.
4. A cada atleta atribuiráselle un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta lista de chegada.
5. Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados de cada equipo, agás na categoría júnior e promesa feminina que será de 3 atletas.
6. Proclamarase vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos.
7. Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuxo cuarto (terceiro en júnior e promesa Mulleres), teña finalizado máis preto do gañador da proba.
8. Os atletas promesas en ningún caso puntuarán para a clasificación por equipos senior.
Art.6) Realizarase unha clasificación individual absoluta e das categorías junior e promesa, e unha clasificación por equipos nas categorías senior, promesa e junior.
Art.7). Horarios e distancias aproximadas de cada unha das carreiras:
CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA VOLTAS
11:00 Júnior Mulleres 5.000 m. aprox. 1P+2G
11:40 Júnior Homes 7.000 m. aprox. 1P+3G
12:15 Senior-Promesa (*) Homes 11.000 m. aprox. 1P+5G
13:10 Senior-Promesa (*) Mulleres 7.000 m. aprox. 1P+3G
P= Volta pequena G= Volta Grande (Ver plano circuito)
(*) Os/as atletas veteranos/as poderán participar como atletas da categoría senior e formar equipo, a tódolos efectos.
Art.8) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da FGA http://www.atletismogalego.org/ antes do martes día 25 de xaneiro ás 20:00 horas.
Art.9) Os Delegados oficiais dos Clubes, poderán retirar os seus dorsais, ata 45 minutos antes da saída de cada proba na secretaría de competición. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta.
Art.10) A orde de colocación dos equipos respectivos na saída establecerase por sorteo.
Art.11) Todos os atletas deberán pasar por cámara de chamadas 15 minutos antes da saída de cada proba.
Art.12) Entregaranse medallas ós tres primeiros atletas clasificados a nivel individual así como trofeos ós tres primeiros-as equipos clasificados en cada unha das categorías.
Art.13) Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo coas normas da I.A.A.F.

XIII Meia Maratona Manuela Machado, Viana do Castelo [Portugal]

Data: domingo, 30 de xaneiro de 2011.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Alameda 5 de outubro, Viana do Castelo (Portugal).
Distancia: 21.095 m, distância oficial – FPA/CNEC.
Mini Maratona
Caminhada Todos a andar - 4km aproximadamente.
Organiza: Cyclones Sanitop.
Web: Meia Maratona Manuela Machado (máis información e inscricións)
Email: cyclones (arroba) mmviana.com

III DÚATLON CROSS CONCELLO DE BEARIZ

Organiza:
Federación Galega de Tríatlon
Beariz Triatlon
Concello de Beariz
Persoas de contacto:
Floro González
Teléfono: 676 18 55 28

Data e horario da carreira:
Domingo 23 de xaneiro de 2011
As 11:00

Distancia:
Sprint: 5 km de carreira a pe – 21 km en bicicleta – 2,5 km de carreira a pe



PROBA CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO GALEGO

CATEGORIAS
Xunior, Absoluto e Veteráns tanto para masculino como para feminino
Saída – meta - Área de Transición: ‘Nos anexos do pavillón municipal”

Recollida dorsais: Ata as 10:20 horas.- ‘Nos anexos do pavillón municipal”
Reunión técnica: Ata as 10:30 horas.-

Control de material: De 10:00 h. a 10:45 h. A partir desta hora pecharase totalmente e non se admitirá ningún participante.

Premios:
•Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
Tódol@s que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do “III Duatlón cross Concello de BEARIZ”