XXIX Carreira Popular Vila de Leiro

A XXIX carreira popular de Leiro, organizada polo Club amigos do deporte de Leiro celebrarase o domingo 8 de xullo de 2012.
A saída será:
a) Ás 10:15 h para a Categoría A.
b) Ás 10:30 h para as Categorías B, C e D.
c) Ás 11:00 h para as Categorías E, F, G, H, I e J.
As inscricións pecharanse sen excepción ás 20:00 h.do día 5 de xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.

A todos os participantes facilitaráselle o dorsal e chip correspondente a súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.

Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chegue o primeiro da carreira.

A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios. A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a súa idade co D.N.I. ou calquera documento que os identifique, se a organización o considera necesario.

Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

Categorias e Percorridos
A.- De 4 a 7 anos - B.- De 8 a 10 anos - C.- De 11 a 13 anos - D.- De 14 a 17 anos
E.- De 18 a 34 anos - F.- De 35 a 39 anos - G.-De 40 a 44 anos - H.- De 45 a 49 anos
I.- De 50 a 54 anos - J.- De 55 anos en adiante
Percorrido Categoría A
Percorrido Categoría B, C e D
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J
(Volta Pequena)
Percorrido Categoria E, F, G, H, I e J (Volta Grande)





















Premios
  • Trofeo e premio en metálico de 300€, 200€ e 100€ ó 1º, 2º e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
  • Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría.
  • Os trofeos non son acumulativos.
  • Trofeo ó de maior idade e ó máis novo.
  • Medalla ós participantes das categorías A, B, C e D que rematen a carreira.
  • Os premios en metálico serán para os que realicen o percorrudo de 9.321 metros.
  • Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.
  • Sorteo de material deportivo para os atletas que rematen a carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario