VIII Carreira Popular Nocturna Xinzo de Limia

A VIII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o sábado día 16 de xuño de 2012.
REGULAMENTO:
A saída será:
A. Ás 20:15 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.060 m) (2 voltas ó circuito pequeno)
B. Ás 20:40 H para a carreira Infantil-Cadete (1.590 m) (3 voltas ó circuito pequeño)
C. Ás 21:00 H para a carreira Pitufos (150 m) (1 volta á praza San Roque)
D. Ás 21:30 H para a carreira Absoluta (6.250 m) (2 voltas)
A saída e meta estará situada na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
A clasificación será absoluta e por categorías.
A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.

O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro clasificado.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
Non se autorizará a participación de atletas federados extranxeiros, agás os atletas de nacionalidade portuguesa.
INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 4 de xuño.
As incricións para tódalas categorías son gratuitas e poderanse realizar ata o día 14 de xuño polos seguintes medios:
- No Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
- Na web: www.limiactiva.com (enchendo o formulario de inscrición)
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 14 DE XUÑO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario