III CARREIRA POPULAR TORRE DE O CASTRO (SANDIÁS)

A III CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO está organizada polo CONCELLO DE SANDIÁS e celebrarase o domingo día 3 de xuño de 2012.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:30 para a carreira absoluta (8.000 m.)
b. Ás 10:40 para a carreira infantil-cadete (1.500 m.)
c. Ás 11:45 para a carreira benxamín-alevín (750 m)
d. Ás 12:00 para a carreira pitufos (250 m.)
2. A saída estará situada detrás da Casa do Concello, e a meta ó lado do colexio para a carreira absoluta. Para o resto de carreiras á saída e meta será detrás da Casa do Concello.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
6. O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
8. A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
12. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.


INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 17 de maio ata o 31 de maio ás 23:59 H.

Na web: www.limiactiva.com
Na Casa do Concello de Sandíás.

As incricións serán gratuitas para tódalas categorías.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 31 DE MAIO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

Podedes consultar o regulamento completo e facer as inscricións na web www.limiactiva.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario