XIII Carreira Popular FESTA DO MARISCO / VI Encontro Galaico Portugués

Organiza: Concellería de Deportes e ADM (Asoc. de Deporte Meco).
Patrocinan: Concellerías de Turismo e Deportes. Festa do Marisco.
Data de celebración: Domingo 25 de setembro de 2011.
Hora de comezo: Ás 10.30 horas sairán as categorías inferiores.
Saída da proba: Paseo Marítimo de Beiramar (a saída está situada ao lado da estación de autobuses).

INSCRIPCIÓNS: Para todas as categorías as inscripcións realizaranse a través da páxina web http://www.cronotec.es/ , indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, enderezo, clube ou lugar de procedencia, antes do venres 23 de setembro ás 20 horas. A carreira é totalmente gratuita.
ENTREGA DE DORSAIS: O día da carreira a partir das 09'00 horas no Pavillón de Deportes Náuticos, ata media hora antes da saída.

CARACTERÍSTICAS DO CIRCUITO: A igual que o ano anterior, o percorrido é mixto: comeza sobre asfalto, continúa por terra (polo Monte Central), e remata sobre asfalto novamente. 

Haberá servizo de duchas á finalización das probas no Pavillón de Deportes Náuticos.

PREMIOS
Recibirán un trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría, dende "infantil" ata "veterano". As categorías dende prebenxamín, benxamín e alevín recibirán medalla tódolos participantes que poderán visitar o Acuario sempre que vaian acompañados dun maior.
Poderase solicitar o DNI para o cobro dos premios monetarios.

CINCO PRIMEIROS DA CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
1º) 250 Euros e dúas noites para dúas persoas en Hoteis Louxo (4 estrelas) e Gran Hotel de la Toja (5 estrelas) + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
2º) 200 Euros + patela de mariscos de "Mariscos Jacobo" + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
3º) 100 Euros + patela de mariscos de "Remagro S.A" + 10 kgs. de mexilón de "Amegrove" + un estoxo de viño Albariño "Adegas Lagar de Rey".
4º) 75 Euros + vale de productos na "Festa do Marisco".
5º) 50 Euros + visita ao Acuario.
  • Trofeo ós tres primeiros e primeiras atletas locais recibirán un trofeo. De entre eles o primeiro e a primeira recibirán un bono para visitar o Acuario e un bono de productos da "Festa do Marisco".
  • Trofeo para o primeiro e primeira atleta portugués/a que tamén recibirá un bono de consumición na "Festa do Marisco".
  • Trofeo para o/a atleta de maior idade tamén levará este mesmo premio.
DISTANCIAS E CATEGORÍAS - CATEGORÍA IDADE LONXITUDE
PRE-BENXAMÍN Ata os 5 anos 250 MTS.
BENXAMÍN de 6-8 anos 500 MTS.
ALEVÍN de 9-10 anos 1.000 MTS.
INFANTIL de 11-12 anos 1.000 MTS.
CADETE de 13-14 anos 1.500 MTS.
XUVENIL de 15-16 anos 1.500 MTS.
JUNIOR de 17-19 anos 6.200 MTS.
SÉNIOR de 20-34 anos 6.200 MTS.
VETERANO A de 35-44 anos 6.200 MTS.
VETERANO B de 45-54 anos 6.200 MTS.
VETERANO C de 55 anos en diante 6.200 MTS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario