Campionato Galego de Clubes

Este sábado día 16 de abril nas pistas "Josefina Salgado" no complexo Polideportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar – Ourense, disputase o Campionato Galego de Clubes.


 
Participan os seguintes Clubes:
  • Homes: Ourense Atletismo Academia Postal; Sociedad Gimnástica de Pontevedra; Real Club Atletismo Celta; Club Afflelou Narón; Vila de Cangas, ADAS, San Fernando Lucus.
  • Mulleres: Ría Ferrol-Concepción Arenal; Ourense Atletismo Academia Postal; Atletismo Femenino Celta; San Fernando Lucus; Vila de Cangas, ADAS, Sociedade Gimnástica Pontevedra.
A priori, parten como favoritos o Ría Ferrol en mulleres, que revalidaría o seu título das últimas edicións e a Ximnástica de Pontevedra e o Ourense - vixente campión- en homes. A competición leva acabo cun atleta por proba e supón un ensaio de face ao campionato nacional de clubs a disputar en dúas semanas. O feito de que os grandes non adoiten recorrer ás súas fichaxes foráneas para esta cita e non poidan contar cos atletas asociados, que participan cos seus propios clubs, fai que as vitorias parciais estean moi repartidas. A suma total inclina a balanza, e as substitucións finais foron non poucas veces a clave do triunfo, achegando espectáculo e emoción.

Competiran en xornada de mañá que principiara as 10'30 horas e rematará as 14'00 horas e en xornada de tarde que principiará as 16'30 horas e rematará as 19'35 horas.
Recibirán trofeo os 3 primeiros clubes en categoría masculina e feminina e asemade haberá un premio honorifico o clube que obteña a maior puntuación sumando os puntos da categoria masculina e feminina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario