IV 10 Qms Vila Xinzo de Limia

Data: domingo, 20 de marzo de 2010.
Hora: a partires das 10:45 h
Lugar: Xinzo de Limia
Distancia: 10.000 m homologados.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Asociación Deportiva Limiactiva.
 
REGULAMENTO:
1. A saída será:
  • Ás 10:45 para a Carreira Infanil-Cadete (2.300 m)
  • Ás 11:10 para a carreira Benxamín-Alevín (1.600 m)
  • Ás 11:30 para a carreira absoluta (10.000 m. homologados)
  • Ás 12:45 para a carreira pitufos (350 m)
2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.


6. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro clasificado.

7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

8. Non se autorizará a participación de atletas federados extranxeiros, agás os atletas portugueses que non foran internacionais con portugal nos últimos 5 anos na proba de 10.000 metros.

9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10. A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.

11. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

12. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.

13. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:

Recibiránse inscricións a partir do 17 de febreiro.
A organización establece un límite de inscricións para a carreira absoluta de 800 atletas.
As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 20:00 H do día 17 de marzo.
Por e-mail: limiactiva@gmail.com
Na web: http://www.limiactiva.com/ (enchendo o formulario de inscrición)
Por Fax: 988 55 01 12.
Presencialmente no Concello de Xinzo ou no Pavillón de Deportes.
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M) faranse na web http://www.championchipnorte.com/ ata as 20:00 H do día 17 de marzo.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de cuota de inscrición.
Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 2,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago. Para os participantes empadroados en Xinzo de Limia, a inscrición é gratuita, e debendo formular a inscrición no Pavillón de Deportes ou no Concello de Xinzo de Limia para poder ter acceso ó desconto. No caso de facela a través de web terán que abonar a cantidade solicitada. Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe licencia federativa.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 17 DE MARZO AS 20:00 H. A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS. TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 665 936 887

O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá ningún premio nin trofeo.
Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.

CATEGORÍAS:
So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de nacemento.
11:10 h - 1.600 m
A BENXAMÍN NADOS NO 2002 E 2003
B ALEVÍN NADOS NO 2000 E 2001

10:45 h - 2.300 m
C INFANTIL NADOS NO 1998 E 1999
D CADETE NADOS NO 1996 E 1997

11:30 h - 10.000 homologados
E XUVENIL NADOS NO 1994 E 1995
F IÚNIOR NADOS NO 1992 E 1993
G PROMESA NADOS NO 1989, 1990 E 1991
H SÉNIOR DENDE 1988 ATA VETERANOS
I VETERANOS A MAIORES DE 35 ANOS
J VETERANOS B MAIORES DE 40 ANOS
K VETERANOS C MAIORES DE 45 ANOS
L VETERANOS D MAIORES DE 50 ANOS
M VETERANOS E MAIORES DE 55 ANOS

12:45 h. - 350 m
N PITUFOS NADOS NO ANO 2004 E POSTERIORES

PREMIOS:
CATEGORÍAS - PREMIOS
BENXAMÍN ALEVÍN INFANTIL CADETE - TROFEO PARA O PRIMEIRO CLASIFICADO E MEDALLA PARA O 2º E 3º DE CADA CATEGORÍA.
CARREIRA ABSOLUTA MASCULINO E FEMININO
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
XUVENIL IÚNIOR PROMESA SÉNIOR VETERANOS A VETERANOS B VETERANOS C VETERANOS D VETERANOS E - TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA.
(OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS)

ATLETAS LOCAIS (Empadroados no Concello de Xinzo)
1º LOCAL MASC: TROFEO
2º LOCAL MASC: TROFEO
3º LOCAL MASC: TROFEO
MAIOR IDADE - TROFEO
MÁIS NOVO - TROFEO
RECORD DA PROBA - PREMIOS ESPECIAIS PARA OS PRIMEIROS ATLETAS QUE SUPEREN AS MARCAS DE: 0:31:46 EN HOMES E 0:37:03 EN MULLERES
AGASALLO DUNHA CAMISETA TÉCNICA PARA TÓDOLOS ATLETAS QUE CHEGUEN Á META E ENTREGUEN O CHIP (ATA ESGOTAR EXISTENCIAS).


Clasificacion IV 10Qm Xinzo 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario