RECORDATORIO INSCRIPCION - IV Maratón do Miño

INSCRIPCION

* Persoalmente: achegando á dirección da organización, sita en praza das Damas 1, de Ourense (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00, o formulario de inscrición cuberto xunto co resgardo de ingreso da cota de incrición na conta de Caixanova:
2080-0263-10-0040043388

* On line: na páxina web http://www.maraton.ceo.es/ ou enviando por correo electrónico ao enderezo maraton@ceo.es o formulario de inscrición, previo ingreso da cota de inscrición na conta de Caixanova indicada anteriormente, cuxo xustificante de ingreso deberá entregarse/remitirse á organización.

* Teléfono: chamando ao 988 39 11 10

Na transferencia de pago deberá constar como concepto o nome e apelidos do inscrito ou inscritos; é necesario conservar o resgardo xa que para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar o documento acreditativo (DNI, carné de conducir, pasaporte ou o xustificante de ingreso).

O custo da incrición será de 12 Euros ata o luns 20 de setembro de 2010 (inclusive), e a partir de esa data o custo será de 15 euros.

A data límite para incribirse será as 24:00 horas do martes 28 de setembro de 2010.

Mentres a organización non dispoña do xustificante do ingreso non constará oficialmente a inscrición, só se fará efectiva unha vez se entregue o xustificante de pago á organización.

Unha vez formalizada a inscrición, o importe da mesma, non será reintegrado no caso de anulación da incrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario