XXXII Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

Data: domingo, 28 de novembro de 2010.
Hora: a partir das 10:15 h.
Lugar: San Andrés de Comesaña, en "Molinos" á beira do campo de fútbol "A Xunqueira" desta parroquia.
Distancia: de 645 a 9.500 m
Organiza: Comesaña S.C.
Inscrición: en persoa ata o 23 de novembro, en Internet ata o 26 (Na web da proba)

Regulamento
1. O Comesaña Sporting Club, coa autorización da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo, organiza o próximo día 28 de Novembro o 32º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través en San Andrés de Comesaña, en "Molinos" á beira do campo de fútbol "A Xunqueira" desta parroquia. O control e dirección das carreiras estará a cargo do Comité de Xuíces da Delegación da Federación Galega de atletismo en Vigo. 

2. O horario de saída das carreiras é o seguinte:
Hora / Categoría / Anos nacemento / Distancia / Recorrido según carreira
10:15 / Xuvenil Masculina e Xúnior Masculina / 1994-1995 y 1992-1993 / 4440 m / 1 vuelta nº 3 + 1 vuelta nº 2 + 1 al circuito completo
10:35 / Xuvenil Femenina e Xúnior Femenina / 1994-1995 y 1992-1993 / 3380 m / vuelta nº 2 + 1 circuito completo
10:55 / Promesa Masculina-Sénior Masculina / 1989-1990-1991 1988 ó anteriores / 9500 m / 5 vueltas circuito completo
11:40 / Promesa Femenina-Sénior Femenina / 1989-1990-1991 1988 ó anteriores / 5700 m / 3 vueltas circuito completo
12:10 / Cadete Masculina / 1996-1997 / 3380 m / vuelta nº 2 + 1 circuito completo
12:30 / Cadete Femenina / 1996-1997 / 1905 m / vuelta nº 4 + 1 nº 3
12:45 / Infantil Masculina / 1998-1999 / 1905 m / vuelta nº 4 + 1 nº 3
13:00 / Infantil Femenina / 1998-1999 / 1060 m / vuelta nº 3
13:10 / Alevín Masculina / 2000-2001 / 1060 m / vuelta nº 3
13:20 / Alevín Femenina / 2000-2001 / 845 m / vuelta nº 4
13,28 / BenxamínMasculina / 2002-2003 / 845 m. / vuelta nº 4
13,35 / Benxamín Femenina / 2002-2003 / 645 m. / vuelta nº 5 ( = nº 4 reducida)

3. As inscricións deberán efectuarse por un dos métodos seguintes:
- Por escrito por correo a Comesaña Sporting Club, Pedreira, 21, 36213 Vigo;ou ao fax número 986 235 169; Pechándose o prazo por este método o día 23 de novembro, non admitíndose por estes medios ningunha despois da data indicada.
- Por medios electrónicos, cubrindo o formulario no enderezo http://comesana.org/inscripcion.html, ou enviando un correo electrónico cos datos a comesana@comesana.org pechándose o prazo, só para estes procedementos, o 26 de novembro ás 20:00 h.
Todas as inscricións farán constar: Nome do club e teléfono de contacto, e agrupados por categoría, para cada atleta, nome e apelidos, ano de nacemento e número de licenza federativa.

4. Todos os atletas participantes deberán ter dilixenciadas as súas licenzas para a tempada 2009/2010. Os portugueses sempre que non foran internacionais, en Campo a Través, ou fondo e meio-fondo, nos 5 últimos anos.

5. En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubes, establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, sen eliminar os atletas que non puntúen por ningún club, por ser independentes ou por competir o seu con menos de 4 atletas). En caso de empate este resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado. Realizaranse clasificacións individuais absolutas e por as categorías: Promesa, Xúnior, Xuvenil, Cadete, Infantil, alevín e Benxamín de ambos los dous sexos.

6. Os atletas de calquera categoría de veteráns consideraranse a todos os efectos coma sénior.

7. Serán gañadores do 32º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través a primeira atleta clasificada da carreira promesa-sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira promesa-sénior masculina.

8. Outorgaranse premios en metálico e trofeos ( a lo menos) aos cinco primeiros clasificados nas carreiras promesa/sénior de ambos os dous sexos, así como trofeos aos primeiros en as categorías: Promesa, Xúnior, Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín.
1 o/a clasificado/a 600,00 €
2 o/a clasificado/a 400,00 €
3 o/a clasificado/a 250,00 €
4 o/a clasificado/a 100,00 €
5 o/a clasificado/a 60,00 €

9. Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.

10. Os gastos de desprazamento dos participantes correrán da súa conta

11. Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizarán como mínimo media hora antes do comenzo de cada carreira, debendo os atletas respectar a publicidade impresa.

12. Os participantes nas carreiras xuvenil/júnior e promesa/sénior deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comenzo das súas carreiras.

13. As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas de acordo con as normas establecidas no Regulamento Internacional da IAAF.

14. O Comesaña Sporting Club e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

15. O non previsto neste Regulamento resolverase de acordo co Regulamento Internacional da IAAF.

16. O feito de inscriberse neste 32º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través implica a total aceptación do preceptuado no presente Regulamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario