REGULAMENTO:
- A saída será:
b. Ás 11:15 para a carreira absoluta (7.900 m.)
c. Ás 12:30 para a carreira pitufos (350 m.)
- A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a Meta diante do Colexio.
- A clasificación será absoluta e por categorías.
- A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
- O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
- O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
- A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
- A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
- Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.
A organización pechará as inscricións da carreira absoluta o chegar ós 200 atletas inscritos.
Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H.
- Por e-mail: limiactiva@gmail.com
- Na web: http://www.limiactiva.com/
- Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)
- Na Casa do Concello de Sandíás.
- Na tenda Turini Sport da Avda. da Habana nº 34 , de Ourense.
As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:
- Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica 2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA) Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.
- Pago o contado no Concello de Sandías ou na tenda Turini Sport para as inscricións presenciais.
- Os empadroados no Concello de Sandiás terán a inscrición gratuita, sempre e cando fagan a súa inscrición nas oficinas do Concello.
Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.
A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web http://www.limiactiva.com/
IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.
PECHARASE A INSCRICIÓN O VENRES DÍA 13 DE MAIO AS 20:00 H. A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario