Páginas

III Medio Maratón Cidade da Coruña - CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

  • A Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña organizarán o vindeiro 15 de maio de 2011 en A Coruña o III Medio Maratón A Coruña 21 e Campionato Galego Absoluto de Medio Maratón, e das categorias Junior e Promesa. No campionato Galego poderán intervir todos os atletas das categorías junior, promesa e senior ou veterans que cumpran algún dos seguintes requisitos:
  1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual por algún Club pertencente á Galicia.
  2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
  3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
  • A saída terá lugar ás 10:30 horas do día 15 de maio no Cantón Grande, sendo a chegada no mesmo lugar de saída. 
  • A proba celebrarase sobre a distancia de 21,097 Km. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e ten un perfil totalmente chairo e por asfalto na súa totalidade.
  • Os participantes deberán realizar 3 voltas ó seguinte percorrido: Cantón Grande (saída), Cantón Pequeno, Praza de Mina, Sáchez Bregua, Praza de Ourense, Linares Rivas, Avenida Primo de Rivera, Praza da Palloza, Avenida Primo de Rivera, Avenida do Exército, xiro á esquerda fronte a Casa do Mar, carretera de aceso ó Porto, Rotonda Porto de San Diego, carretera de o Porto ata rotonda entrada porto pesqueiro e entrada no mesmo, xiro de 180º e volta pola carretera de o Porto, rotonda Porto de San Diego, carretera de o Porto ata a Casa do Mar, xiro de 90º á dereita, avenida Primo de Rivera, Linares Rivas, Praza de Ourense, Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Avenida da Mariña, Avenida de Montoto, xiro de 180º en rotonda de Porta Real, volta por Avenida de Montoto, Avenida da Mariña, Cantón Grande (punto de saída).A Meta estará situada 97 metros diante do davandito punto de Saída.
  • Por cuestións organizativas fíxase un tempo máximo para percorrer a distancia de 2 horas e 30 minutos, polo que o control de chegada pecharase ás 13:00 horas.
  • CATEGORÍAS CARREIRA POPULAR (homes e mulleres)
- Júnior, nados/as en 1992 e 1993
- Promesa, nados/as en 1989, 1990 e 1991
- Senior, nados/as dende 1988 ata veteranos
- Veteranos A, entre 35 e 39 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos B, entre 40 e 44 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos C, entre 45 e 49 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos D, entre 50 e 54 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos E, entre 55 e 59 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos F, máis de 60 anos cumpridos na data da proba
- Tamen se establecerá unha clasificación do Campionato Galego absoluto e das categorías junior e promesa.
  • PREMIOS Carreira popular: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto en homes coma en mulleres. Asemade haberá camiseta conmemorativa do evento para os primeiros 2000 atletas que crucen a liña de meta.
  • PREMIOS Campionato galego: Outorgaranse medallas conmemorativas aos tres primeiros clasificados-as absolutos-as e nas categorías junior e promesa, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de premiacións. Caso contrario, non se fará entrega da medalla. Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA.

  • INCRICIÓNS As inscricións dos atletas faranse a través do sistema online na web http://www.atletismogalego.org/ con data límite ata o mércores día 11 de maio ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios. Tódolos atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada unha vez rematado o prazo: na páxina da Federación galega de Atletismo http://www.atletismogalego.org/ O cupo máximo de inscritos para o III Medio Maratón A Coruña 21 será de 2.000 corredores. Os propietarios do Chip amarillo deben facer uso do mesmo. No caso de que non dispoñan del deberán comunicalo aos organizadores. Sábado 14 de maio na tenda SportZone do Centro Comercial Dolce Vita (A Coruña) sito na rúa Newton nº 15 en A Coruña, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 15 de maio na zona de saída da carreira de 8:30 horas a 9:30 horas Todos os corredores deberán levar ben colocado o dorsal no peito e o chip na zapatilla para poder entrar nas clasificacións.
  • DEVOLUCIÓN DOS CHIPS Tódalas persoas inscritas na proba deberán devolver o chip ao rematar á mesma. A non devolución ou pérdida do mesmo implica o pago da cuota de 10 euros á FGA así como o non dereito de recibir regalo algún e aparecer na clasificación.
  • A organización disporá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA (en Zona de Meta). Os Servizos médicos de competición e o xuíz árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Así mesmo, recoméndase a todos os inscritos no Medio Maratón que leven a cabo, antes de tomar parte na carreira, un recoñecemento de aptitude médico deportivo, que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
  • Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; ao lugar da competición ou desde o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.
  • Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo ás normas da R.F.E.A e I.A.A.F, se procede.


Ruta para correr 947211 - powered by Runmap 

No hay comentarios:

Publicar un comentario