II Carreira Popular TORRE DE O CASTRO (SANDIÁS)

A II CARREIRA POPULAR TORRE DE O CASTRO está organizada pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e o CONCELLO DE SANDIÁS e celebrarase o martes día 17 de maio de 2011.

REGULAMENTO:
  • A saída será:
a. Ás 10:45 para a carreira escolar (1.430 m.)
b. Ás 11:15 para a carreira absoluta (7.900 m.)
c. Ás 12:30 para a carreira pitufos (350 m.)
  • A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a Meta diante do Colexio.
  • A clasificación será absoluta e por categorías.
  • A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
  • O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
  • O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
  • A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
  • A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
  • Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
  • Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
  • As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
  • Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
A organización pechará as inscricións da carreira absoluta o chegar ós 200 atletas inscritos.
Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H.
As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:
  • Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica 2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA) Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.
  • Pago o contado no Concello de Sandías ou na tenda Turini Sport para as inscricións presenciais.
  • Os empadroados no Concello de Sandiás terán a inscrición gratuita, sempre e cando fagan a súa inscrición nas oficinas do Concello.
Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.
A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web http://www.limiactiva.com/

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.
PECHARASE A INSCRICIÓN O VENRES DÍA 13 DE MAIO AS 20:00 H. A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

AGASALLO DUNHA CAMISETA TÉCNICA PARA OS ATLETAS PARTICIPANTES ATA ESGOTAR EXISTENCIAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario