Patrocinan: Concellerías de Turismo e Deportes. Festa do Marisco.
Data de celebración: Domingo 26 de setembro de 2010.
Hora de comezo: Ás 10.30 horas sairán as categorías inferiores.
Saída da proba: Paseo Marítimo de Beiramar (a saída está situada ao lado da estación de autobuses).
REGULAMENTO XERAL
1. As inscricións para a carreira deben realizarse on-line, na páxina http://www.cronotec.es/, antes das 20.00 horas do 24 de setembro de 2010.
2. Os dorsais deberán ser colocados no peito para a súa identificación durante a proba e a chegada.
3. O dorsal recollerase o día da proba no Pavillón de Deportes Náuticos, no horario sinalado para tal efecto: a partir das 09.00 horas e ata media hora antes da saída.
4. Ao longo dos percorridos a organización establecerá os controis que estime oportunos. Estes controis poderán ser fixos ou móbiles, estando autorizados para descalificar aos participantes que cometan algunha
irregularidade ou atenten contra a seguridade colectiva durante a proba.
6. O dorsal deberá ser devolto antes de saír da zona acoutada detrás da liña de meta. A organización colocará un posto para que se efectúe esta devolución.
6. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que puideran sufrir os participantes, antes, durante ou despois da carreira.
7. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
A diferenza do ano anterior, o percorrido é mixto, xa que, comeza sobre asfalto, continúa por terra (polo Monte Central da Toxa) e remata sobre asfalto novamente. Haberá servizo de duchas no Pavillón de Deportes Náuticos ao finalizar a carreira.
PREMIOS
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, desde infantil ata veterano. Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán medallas todos os participantes.
Poderase solicitar o DNI para o cobro dos premios monetarios.
1º: 150€ e dúas noites para dúas persoas nos hoteis “Louxo” e “Gran Hotel La Toja”.
2º: 100€ e patela de mariscos de “Mariscos Jacobo”.
3º: 50€ e patela de mariscos de “Remagro S.A”.
4º: 30€ e mariscada para dúas persoas en “A Traíña”.
5º: 15€ e vale de produtos na “Festa do Marisco”.
10 kgs. de mexillón de “Amegrove” e un estoxo de viño Albariño “Adegas Lagar de Rey” para os tres primeiros clasificados absolutos.
Os tres primeiros e as tres primeiras atletas locais recibirán un trofeo. De entre estes, o primeiro e a primeira recibirán un bono para dúas masaxes en Clínica Venturiña e un bono de consumición para a “Festa do Marisco”.
Trofeo ao 1º e 1ª atleta portugués/a , que tamén recibirá unha invitación para dúas persoas para o barco “Acquavisión Galicia”. O/a atleta de maior idade levará tamén este mesmo premio.
Fotos Aquí
Fotos Aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario