IV Maratón do Miño

O IV Maratón do Miño terá lugar o 03 de outubro de 2010, con 42 km 195 metros de percorrido, é o único maratón que se disputa na cidade de Ourense e discorre polo contorno natural do río Miño e os arredores. As pistas que rodean as marxes do río son idóneas para gozar da beleza da paisaxe, e o percorrido polo casco histórico permite obter unha visión privilexada da cidade. Intenta ser unha competición que apunte a vivir unha celebración deportiva na que calquera poida intervir; as características do seu percorrido propician este feito e promoven que en cada edición se vaian sumando novos adeptos de distintas idades e de diferentes países.
Este maratón é novidoso polas súas modalidades:
- Carreira
- Andaina 
- Carreira por relevos
- Andaina por relevos

Ficha Técnica
Lugar: Cidade de Ourense (Galicia, España)
Data: 03 de outubro de 2010
Saída: Praza Maior do Concello de Ourense
Meta: Ponte Romana
Percorrido: Praza Maior - Campus universitario - Pasarela do río Lonia - Ponte Romana - Fonte termal de Reza - Pasarela de Outariz - Muiño da Veiga - A Chavasqueira - Parque da Ponte Nova - Oira. Aula da natureza - Presa de Velle
Hora: 9.00 h
Distancia: 42 km 195 m
Altura Máxima: 134 m
Altura Mínima: 54 m
Tempo Límite: 6 horas (Pecharase o control ás 15:00 horas)
Avituallamentos: Cada 5 km, líquidos e sólidos en total no circuíto tres, máis o de meta
Servizo a Corredores: Traslado de bolsas para os corredores, duchas e masaxes en meta (Pavillón dos Remedios); atención sanitaria; Policia e Protección Civil; seguro de accidentes e responsabilidade civil
Dificultade: Media

Horarios
Límite inscrición: Martes, 28 de setembro ata as 24 horas
Recollida de dorsais e chips: Os dorsais entregaranse na sede da Fundación CEO, Praza das Damas 1, 32005 Ourense, no seguinte horario:
  • Venres día 1 de outubro de 2010: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Sábado día 02 de outubro: de 10:00 a 13:00
Saída da praza Maior: 09.00 h. do 03 de outubro
Peche de control de chegada de todas as probas: 15.00 h. do 03 de outubro


No hay comentarios:

Publicar un comentario