I Carreira Popular Casa da Xuventude de Ourense

REGULAMENTO XERAL

1. A I Carreira Popular Casa da Xuventude de Ourense organizada polo Club Deportivo Casa da Xuventude de Ourense, celebrarase o domingo 26 de setembro de 2010. As carreiras principiarán na zona polideportiva do Campus Universitario de Ourense ás 11:00 h.

2. Horarios:
11:00 Horas – Pre-Benxamín e Benxamín – Masculino e Feminino – 1 Volta Circuito A – 850 metros.
11:15 Horas – Alevín e Infantil – Masculino e Feminino – 2 voltas Circuito A – 1.700 metros aprox.
11:30 Horas – Infantil e Cadete – Masculino e Feminino – 1 volta Circuito B – 4.000 metros aprox.
12:00 Horas – Absoluta – Masculina e Feminina – 2 voltas Circuito B – 8.000 metros aprox.



3. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba e seguirán as indicacións dos xuíces da proba.






4. Percorridos
Circuito A .- Distancia aproximada de 850 metros que discorrerá integramente pola zona do Campus Universitario. Xúntase plano co percorrido.
Circuito B .- Distancia aproximada de 4.000 metros que discorrerá polas seguintes rúas: zona Campus Universitario - Rúa Canella Costa da Vella - Rúa Prado Lonia - Rúa das Casarellas - Rúa Toxal - Rúa da Rabaza - Rúa de Mende - Rúa da Ponte Lonia - Rúa da Fonte - Rúa de Prado Lonia - Villamil e Castro - Rúa Canella Costa da Vella. Xúntase plano co percorrido.
Perfil Circuito "B" cortesia de "Xavi"
5. A clasificación será absoluta e por categorías. Establécense as seguintes categorías:
Prebenxamín (atletas nados nos anos 2003 a 2005) – 1 volta Circuito A – 850 metros aprox.
Benxamín (atletas nados nos anos 2001 e 2002) – 1 volta Circuito A – 850 metros aprox.
Alevín (atletas nados nos anos 1999 e 2000) – 2 voltas Circuito A – 1.700 metros aprox.
Infantil (atletas nados nos anos 1997 e 1998) – 2 voltas Circuito A – 1.700 metros aprox.
Cadete (atletas nados nos anos 1995 e 1996) – 1 volta Circuito B – 4.000 metros aprox.
Xuvenil (atletas nados nos anos 1993 e 1994) – 1 volta Circuito B – 4.000 metros aprox.
Senior (atletas nados nos anos 1971 a 1992) – 2 voltas Circuito B – 8.000 metros aprox.
Veteráns A (atletas nados nos anos 1970 a 1961) – 2 voltas Circuito B – 8.000 metros aprox.
Veteráns B (atletas nados no ano 1960 e anteriores) – 2 voltas Circuito B – 8.000 metros aprox.

6. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido, así como de voluntarios do Club Deportivo Casa da Xuventude de Ourense. O Control Técnico da proba estará a cargo da FGA e do Comité Provincial de Xuíces e Cronometradores de Ourense.

7. Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descualificación do atleta acompañado.

8. O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas ou nunha cinta a altura do nocello antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non leven ou que non entreguen o chip non entrarán nas clasificacións nin recibirán ningún premio.

9. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

10.O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

11. A inscrición realizarase a través da web www.championchipnorte.com a partir do luns 13 de setembro e ata o xoves 23 de setembro ás 20:00 h. NON se admitirán inscricións o mesmo día da proba. Os atletas federados deberán facelo constar obrigatoriamente o formalizar a inscrición. As inscricións para menores sen DNI se farán por mail a casadaxuventude@yahoo.es enviando Nome, Apelidos, Data completa de nacemento, Localidade, Provincia, Mail de contacto e Clube ou Colexio có que participa se é o caso.

12. A recollida de dorsais e chips realizarase o día da proba na secretaría da carreira (na zona de piscina do
campus universitario) entre as 9:30 h. e as 11:00 h. Lembrar a obrigatoriedade da devolución do chip unha vez rematada a carreira.

13. Premios:
Trofeo ós tres primeiros clasificados absolutos en categoría masculina e feminina.
Medalla os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Agasallo ó corredor que pase en primeiro lugar na primeira volta ó circuíto e que quede clasificado entre os 10 primeiros participantes.
Os premios non son acumulativos agás o da meta volante.
Entregaranse na zona de saída - meta as 13:00 horas.

14. A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

15.Todo o non disposto neste regulamento resolverase polas normas da RFEA e da IAAF.

2 comentarios:

  1. como inscribimos los niños por favor? en championchip solo se inscribe los mayores no?

    un saluo

    ResponderEliminar
  2. As inscricións para menores sen DNI se farán por mail a casadaxuventude@yahoo.es enviando Nome, Apelidos, Data completa de nacemento,
    Localidade, Provincia, Mail de contacto e Clube ou Colexio có que participa se é o caso.

    ResponderEliminar