I Carreira Popular Benéfica Maceda

REGLAMENTO CARREIRA / ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE HAITÍ


Artigo 1. Denominación “CARREIRA SOLIDARIA A FAVOR DE HAITÍ” estará organizada polo Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Maceda, Asociación Cultural e Deportiva Via XVIII e a colaboración de Cruz Vermella Española.

Artigo 2. Día e Hora. O día 14 de Agosto de 2010 ás 21:00 horas modalidade CARREIRA e ás 21:05 hrs modalidade ANDAINA.

Artigo 3. Participación. Poderán tomar parte na modalidade CARREIRA todas aquelas persoas nacidas con anterioridade ó 15/08/1994, e a modalidade ANDAINA queda aberta a todo o público en xeral, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como en forma.

Artigo 4. Distancia e Percorrido. A proba disputarase sobre un recorrido de 7 Quilómetros aproximadamente que percorre as distintas rúas da vila. A saída e a chegada terá lugar na Praza das Toldas, pasando polas inmediacións do Castelo de Maceda para baixar posteriormente ata o fermoso paseo fluvial e completar unha parte do seu percorrido.

Os participantes terán a súa disposición os servicios de ducha e vestuarios do Pavillón Municipal dos Deportes.


Perfil de la Carrera por cortesía de "Xavi"
Artigo 5. Categorías.

Na modalidade CARREIRA tódolos participantes formarán parte dunha soa categoría: CATEGORÍA ABSOLUTA a súa vez dividida en MASCULINA E FEMININA.

A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo polo tanto non se establece ningún tipo de categoría.

Artigo 6. Inscricións.
Prezo inscrición: 3 € en concepto de donativo. As persoas que desexen facer unha aportación económica maior poderano facer.

As inscricións poderanse facer nas dependencias municipais do Concello de Maceda de forma presencial, vía online a través das seguintes webs; www.concellodemaceda.org, www.via18.es, via telefónica 988463001 / 690385183.

Procedemento de inscrición: unha vez cuberto o formulario polas diferentes vias de inscrición, procederase a ingresar o donativo de 3 € nos seguintes nº de conta bancario:

TITULAR DAS CONTAS: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA
CAIXA GALICIA: 2091-0000-37-3040162319
CAIXA NOVA: 2080-0251-52-0041396403

Indicando o nome, apelidos e dni da persoa que fai o ingreso e a modalidade na que vai a participar (andaina ou carreira).

Tamén se poderán facer inscricións o mesmo día da proba ata unha hora antes da saída.

Artigo 7. Retirada do Dorsal. Os dorsais entregaranse una hora antes do horario de saída. É imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.

Artigo 8. Asistencia Médica. A organización contará con servizo de ambulancia aportado por Cruz Vermella.

Artigo 9. Descalificacións. Os organizadores do evento reservanse a facultade para retirar durante a proba a calquera participante que manifieste un mal estado físico, no leve visible o dorsal ou que manifieste un comportamento non deportivo.

Artigo 10. Vehículos. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados e identificados pola organización. Queda totalmente prohibido seguir ós paticipantes en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que poidera xurdir.

Artigo 11. Premios. Entragarase trofeo ao primeiro clasificado masculino e a primeira clasificada feminina da CARREIRA. O gañador e gañadora da proba terán o honor de entregar o cheque-talón coa cantidade recadada para a súa beneficiencia en favor do pobo de Haití.

Artigo 12. Responsabilidade. A organización non se fai responsable dos danos que puideran causar ou sufrir os participantes por imprudencias ou neglixencias dos mesmos. Igualmente, os partcipantes declaran estar en condicións físicas óptimas para realizar esta proba e fano baixo a súa responsabilidade, eximindo á organización da Proba de dita responsabilidade. A inscrición nesta proba conleva a aceptación plena destas normas.

Artigo 13. Aceptación. Tódolos participantes, polo feito de inscribirse, aceptan o presente reglamento e en caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase o que dispoña o Comité Organizador.

Artigo 14. Información. Para resolver cualquier tipo de dúbida ou información sobre a proba poden chamar ós tfs: 988463001 / 690385183.

No hay comentarios:

Publicar un comentario