IV Subida Rocas – O Eirado / IV Andaina Popular Concello de Esgos

O día 6 de Xuño terá lugar a IV Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a IV Andaina popular Concello de Esgos.

IV Andaina Popular. Esgos 2010 / IV Subida Rocas - O Eirado

Data:
Domingo 6 de Xuño de 2010

Organiza:
Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces

Provincia:
Ourense

Nome das Probas:
•Carreira de montaña: "IV Subida Rocas - O Eirado"
•Carreira: Campionato Galego de Montaña
•Andaina: IV Andaina Popular Concello de Esgos

Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
•As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
•Andaina: 09.30
•Carreira: 10.30

Chegadas:
•Carreira: O Eirado
•Andaina: Esgos

Distancia:
•Carreira: 13 Km.
•Andaina: 21 Km.




Percorrido da Andaina:
•Sairemos da Praza da Souteira (582m) fronte a casa do concello.
•Diriximonos hacia a Meiroá para comenzar a subida hacia a Virxe do Monte (962m) pasando polo Mosteiro de San Pedro de Rocas (avituallamento líquido), e polo pobo de Arcos.
•Na Virxe do Monte (962m - punto máis alto polo que pasa a Andaina) haberá un avituallamento líquido e sólido.
•Dende a Virxe do Monte (962m) comezará o descenso hasta chegar o punto de saída en Esgos (582m).
•No descenso pasaremos polos seguintes pobos: Xaravedra, Pensos, Fondodevila, Casanova, Reboral e Melón Baixo.

Percorrido da Carreira:
•Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
•Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
•Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
•Subida ata a estrada asfaltada
•Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
•Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
•No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido 
•A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.


Toda a información Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario