Carreira Popular de A Merca 2012

Data: domingo, 6 de maio de 2012.
Hora: a partires das 10:15 h.
Lugar: Pavillón Municipal de A Merca.
Distancia: de 150 a 10.000 m.
Organiza: Concello de A Merca.
Inscrición: ata o 3 de Maio en Championchip Norte ou na web da proba.
Web: Concello de A Merca

Información da proba: no teléfono: 988 260 000 ou en www.amerca.es


Regulamento Xeral

A saída da Carreira Absoluta darase no Pavillón Municipal ás 11.00 horas. A de menores terá saída as 10:15 horas. A carreira dos pitufos, farase entre o final da carreira de menores e o inicio da absoluta A liña de meta estará situada en mesmo lugar.

O percorrido será de 10.000 m para a absoluta (dúas voltas de 5 Kms.), 3.000 m. para os menores e 150 m. para os pitufos e discorrerá polas rutas sinaladas en planos adxuntos.

Ao longo do percorrido, estableceranse controis .
Adultos

Admitiranse inscricións a través das páxinas web www.amerca.es ou ww.championchipnorte.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento da inscrición. A inscrición poderase realizar ata o 2 de Maio de 2012. Os pitufos e menores que non posúan DNI deberán inscribirse exclusivamente no enlace existente ao efecto na páxina web www.amerca.es
Menores
O prezo de inscrición será na carreira absoluta de 4,00 € para corredores que posúan chip e 5,00 € para corredores que teñan que alugar o chip. As inscricións nas carreiras de menores e pitufos e gratuíta para todos os corredores.

A recollida dos chips e números poderase realizar o domingo día 6 de Maio de 8:00 a 10:45 horas na Cancha Central do Pavillón Municipal.

O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven ou que non o entreguen non entrarán nas clasificacións, non recibirán a camiseta nin ningún outro premio.

Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. As categorías corresponden aos nacidos nos anos indicados:

CATEGORIAS

CARREIRA DE PITUFOS (150 m)
- Nenos ata o ano 2005.

CARREIRA MENORES (3 Km.)
- Benxamín (nacidos no ano 2003 e 2004)
- Alevín (nacidos non ano 2001 e 2002)
- Infantil (nacidos non ano 1999 e 2000)
- Cadete (nacidos non ano 1997 e 1998)

CARREIRA ABSOLUTA (10 Km.)
- Xuvenil (nacidos non ano 1995 e 1996)
- Júnior (nacidos non ano 1993 e 1994)
- Promesa (nacidos no ano 1990, 1991 e 1992)
- Sénior (nacidos no ano 1989 e anteriores ata veteranos)
- Veteranos/ás A (35 anos)
- Veteranos/ás BA (40 anos)
- Veteranos/ás C (45 anos)
- Veteranos/ás D (50 anos)
- Veteranos/ás E (55 anos)
- Veteranos/ás F (60 anos)
- Veteranos/ás G (65 anos e posteriores)

Premios: Trofeos para os primeiros/ás clasificados/ás de cada categoría; camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip;

A entrega de trofeos terá lugar ao remate da proba absoluta na cancha do Pavillón Municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario