XXXV Carreira Pedestre Popular do San Martiño

Data: domingo, 14 de novembro de 2010.
Hora: Absoluta 11:00 h. / Escolares 12:30 h.
Lugar: Saída dende a Ponte do Milenio, Ourense.
Distancia: Absoluta 10.000 m homologados. / Escolares 4.500 m.

Carreira Absoluta

Percorrido Carreira Absoluta
A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. Proba oficial da FGA.
CATEGORIAS HOMES MULLERES
Júnior 1993 e 1994
Promesa 1990, 1991, 1992
Sénior 1989 ata veteranos
Veteranos/as A M–35 W–35
Veteranos/as B M-40 W-40
Veteranos/as C M-45 W-45
Veteranos/as D M-50 W-50
Veteranos/as E M-55 W-55
Veteranos/as F M-60 W-60
Veteranos/as G M-65 e posteriores W-65 e posteriores
Carreira menores
Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 1995 e seguintes que participen de forma individual e para todos os centros escolares, tanto públicos coma privados.

Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:

Alevín: Nados en 2001 e 2002
Infantil: Nados en 1999 e 2000
Cadete: Nados en 1997 e 1998
Xuvenil: Nados en 1995 e 1996

No hay comentarios:

Publicar un comentario