Páginas

VII Carreira Popular Nocturna Xinzo de Limia

A VII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Esta proba celebrarase o sábado 18 de xuño de 2011, a partir das 20:30 H.

REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
5. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
8. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
9. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
10. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

INSCRICIÓNS
A inscrición é gratuíta para tódalas categorías, e poderase facer ata o día 16 de xuño ás 20:00 H.
Non se admitirán inscricións para a carreira absoluta o día da proba.
Os datos necesarios para a inscrición son:
  • Nome e Apelidos
  • Data de Nacemento completa
  • Sexo
  • Clube
  • Procedencia
  • Teléfono
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licencia.
Equipos: Formados por 4 atletas. Poderán ser masculinos, femeninos ou mixtos.
Establecerase unha única clasificación por equipos, sendo necesario que os 4 atletas rematen a proba.
No momento da inscrición deberán sinalar o nome que identifique o equipo.

Formas de realiza-la inscrición:
Por fax: 988550112
No Pavillón de Deportes de Xinzo ou no Concello de Xinzo de Limia
Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

PERCORRIDOS
20:30 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 285 METROS
20:50 H BENXAMÍN- ALEVÍN 1 VOLTA CIRCUITO PEQUENO 500 METROS
21:15 H INFANTIL-CADETE 1 VOLTA GRANDE 3.000 METROS
22:00 H XUVENIL-IÚNIOR-PROMESA-SÉNIOR-VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.000 METROS

PREMIOS
CATEGORÍA MIXTA
A) PITUFOS Medallas para os 50 primeiros

CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
BENXAMÍN Trofeos para os tres primeiros
C) ALEVÍN Trofeos para os tres primeiros
D) INFANTÍL Trofeos para os tres primeiros
E) CADETE Trofeos para os tres primeiros
F) XUVENIL Trofeo para o primeiro clasificado
G) IÚNIOR Trofeo para o primeiro clasificado
H) PROMESA Trofeo para o primeiro clasificado
I) SÉNIOR Trofeo para o primeiro clasificado
J) VETERÁNS A Trofeo para o primeiro clasificado
K) VETERÁNS B Trofeo para o primeiro clasificado
L) VETERÁNS C Trofeo para o primeiro clasificado
M) VETERÁNS D Trofeo para o primeiro clasificado
N) VETERÁNS E Trofeo para o primeiro clasificado

CARREIRA ABSOLUTA
1º Trofeo
2º Trofeo
3º Trofeo

ATLETAS EMPADROADOS EN XINZO
1º Trofeo
2º Trofeo
3º Trofeo

ATLETA MAIS NOVO
Trofeo

ATLETA DE MAIOR IDADE
Trofeo

EQUIPOS
Medallas para os atletas dos 3 primeiros equipos
CATEGORÍAS

CATEGORÍAS MIXTA
A) PITUFOS Nad@s no 2004 e posteriores
EQUIPOS Formados por 4 atletas, masculinos, femeninos ou mixtos.

CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
B) BENXAMÍN nad@s en 2002 e 2003.
C) ALEVÍN nad@s en 2000 e 2001.
D) INFANTÍL nad@s en 1998 e 1999.
E) CADETE nad@s en 1996 e 1997.
F) XUVENIL nad@s en 1994 e 1995.
G) IÚNIOR nad@s en 1992 e 1993
H) PROMESA nad@s en 1989, 1990 e 1991
I) SÉNIOR nad@s dende 1988 ata veteráns
J) VETERÁNS A Maiores de 35 anos.
K) VETERÁNS B Maiores de 40 anos.
L) VETERÁNS C Maiores de 45 anos.
M) VETERÁNS D Mairoes de 50 anos.
N) VETERÁNS E Maiores de 55 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario