Páginas

V Andaina popular e Subida Rocas - O Eirado

O día 12 de Xuño terá lugar a V Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a V Andaina popular Concello de Esgos.


Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
•As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
•Andaina: 09.30
•Carreira: 10.30

Chegadas:
•Carreira: O Eirado
•Andaina: Esgos

Distancia:
•Carreira: 13 Km.
•Andaina: 21 Km.

Perfil Andaina
Percorrido da Andaina:
•Sairemos da praza da Souteira (582 m) fronte a casa do Concello
•Dirixiremonos hacia a Meiroa, Tarreirigo, Vilar, pasaremos polo Mosteiro de San Pedro de Rocas e subiremos hacia Lobaces, Gomariz, Cernada e ArcosDende os Arcos comezaremos o descenso a Esgos pasando polos pobos de Melon Alto e Melon Baixo.
•Dende os Arcos comezaremos o descenso a Esgos pasando polos pobos de Melon Alto e Melon Baixo.


Perfil Carreira
Percorrido da Carreira:
•Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
•Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
•Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
•Subida ata a estrada asfaltada
•Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
•Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
•No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
•A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario