X Carreira Popular Virxe das Dores, Lalín - Premio Feira do Cocido - Memorial Vicente Agulló

Data: sábado, 12 de febreiro de 2011.
Hora:
16:30 Horas: de 2 a 15 anos.
18:00 Horas: resto de categorías.
Lugar: saída e meta entorno do multiusos Lalín Arena.
Distancia: de 100 a 8.000 m.
Organiza: Escola de Atletismo Deza e o Concello de Lalín.
Inscrición: Dende o 24 de xaneiro ó 10 de febreiro de 2011 as 20:00 horas.
DATOS OBRIGATORIOS PARA A INSCRICIÓN: nif, nome, apelidos, data nacemento, sexo, dirección, código postal, localidade, móvil, clube (se o ten).
INSCRICIÓN de ADULTOS: Championchip Norte
INSCRICION ATA 15 ANOS: Championchip Norte, excepcionalmente e soio nos casos en que os rapaces non dispoñan de NIF a inscrición farase no Pavillón de Deportes de Lalín ou no teléfono 986.78.34.26 en horario de 9 a 14:00 horas.
O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS.
PREZO DA INSCRICIÓN: Maiores de 16 anos (inclusive) (proba absoluta): 2 €
Menores de 15 anos (inclusive): gratis.
21 Categorías. Dende 2 anos en adiante.
Trofeos: Os tres primeiros de cada categoría. Trofeo o primeiro local de cada categoría.
Trofeo o atleta de mais idade tanto masculino como femenino.
Obsequios: Camisetas para os participantes ata esgotar existencias. Ata 13 anos medallas para todos. Servizo de duchas no Lalín Arena o término da carreira.
REGULAMENTO
1) A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada a línea de meta. O feito de non levalo dará lugar a descalificación do corredor.
2) Tamén estarán identificados a través dun chip que se entregará a cada corredor (excepción feita dos propietarios de chip amarelo), e que deberán colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non entrarán na clasificación e serán descalificados. Todos os corredores menos os propietarios de chip amarelo teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba.
3) O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 1 hora antes da saída de cada proba.
4) A carreira para as categorías dende 2 a 15 anos comenzará as 16:30 horas. Para as restantes categorías ás 18:00 horas.
5) O longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
6) Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
7) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de Protección Civil.
8 ) Dado o carácter eminente popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.
9) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORA DE SAÍDA
CATEGORÍAS ... ANO NACEMENTO ... DISTANCIA ... HORA DE SAÍDA

Saída ás 16:30 h
Pitufos (Categoría mixta) ... 2008 – 2009 ... 100 m.
Pre-benxamín (masculino e femenino) ... 2005-2006-2007 ... 500 m.
Benjamín (masculino e femenino) ... 2002-2003-2004 ... 800 m.
Alevín (masculino e femenino) ... 2000-2001 ... 1.100 m.
Infantil(masculino e femenino) ... 1998-1999 ... 2000 m.
Cadete (masculino e femenino) ... 1996-1997 ... 2000 m.

Saída ás 18:00 h ... 8.000 m
Xuvenil (masculino e femenino) ... 1994-1995
Senior A (masculino e femenino) ... 1982-1993
Senior B (masculino e femenino) ... 1971-1981
Veteranos A Masculino ... 1961-1970
Veteranos B Masculino ... 1951-1960
Veteranos C Masculino ... 1950 e anteriores
Veteranas Femenino ... 1970 e anteriores

No hay comentarios:

Publicar un comentario