XI CARREIRA POPULAR EXPOURENSE‐MEGAXOVE

A XI EDICIÓN DA CARREIRA EXPOURENSE – MEGAXOVE, organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Consello Municipal de Deportes–Concello de Ourense, e EXPOURENSE, e que conta co permiso da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o Mércores, día 8 de decembro de 2010, a partires das 11:15 horas da mañá, nas inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz.




REGULAMENTO:

1.‐ A participación queda aberta a tódolos deportistas interesados, independentemente de que sexan federados ou non. Os federados deberán facilitar na inscrición o seu número de licenza.

2.‐ Establécense as seguintes categorías:
Cativos .............................................nad@s en 2004 e con posterioridade
Benxamín ......................................... nad@s en 2002 e 2003
Alevín .............................................. nad@s en 2000 e 2001
Infantil ............................................. nad@s en 1998 e 1999
Cadete ............................................ nad@s en 1996 e 1997
Xuvenil ............................................ nad@s en 1994 e 1995
Iúnior .............................................. nad@s en 1992 e 1993
Promesa – Sénior ............................ nad@s entre 1976 e 1991
Veteráns A (homes e mulleres) ......... nad@s entre 1966 e 1975
Veteráns B Homes .......................... nados entre 1956 e 1965
Veteráns C Homes .......................... nados en 1955 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres ....................... nadas en 1965 e con anterioridade

3.‐ A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense). O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por ChampionChip (agás nas carreiras de Cativos e Benxamín).

4.‐ O control por chip se realizará a partir da categoría Alevín. Cada atleta levará un chip de control, que deberá ser devolto ao finalizar a súa participación. Os atletas de categorías Cativos e Benxamín non levarán chip.

5.‐ As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos non se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán unha medalla ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións finais poderán ser consultadas na web http://www.championchipnorte.com/, e na páxina web do Club (www.ourenseatletismoacademiapostal.com) ao longo da tarde.

6.‐ Establécense os seguintes premios, que serán acumulativos na carreira absoluta:
 Trofeo ós vencedores de cada unha das categorías, e medallas ó segundo e terceiro clasificado
 Trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira absoluta (Iúnior‐Promesa‐Senior‐Veteráns), homes e
mulleres

7.‐ INSCRICIÓNS: as inscricións se poderán realizar ata as 20:00 horas do luns, 6 de decembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS DESPOIS DE DITO PRAZO NIN NO MESMO DÍA DA CARRERA. A inscrición para as categorías que leven chip se formalizará a través dun formulario específico accesible a través da páxina web http://www.championchipnorte.com/.
O resto (Cativos e Benxamíns) formalizarán a súa inscrición a través da dirección de correo club@ourenseatletismo.com. Na categoría de Cativos non se fará clasificación, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao finalizar a proba.
Os dorsais e os chips se entregarán o mesmo día da proba, desde as 10:00 da mañá, e ATA 30 MINUTOS ANTES do comezo de cada carreira.

8.‐ A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.

9.‐ Aqueles aspectos que non contemple o presente Regulamento se resolverán segundo o disposto no da Federación Internacional de Atletismo. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente Regulamento.

10.‐ Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:

11:15 ........ Alevín – Infantil mulleres ...................... 1 volta G ........................... 1.200 m.
11:25 ........ Alevín – Infantil homes ......................... 1 volta P + 1 volta G ......... 2.050 m.
11:40 ........ Cadete – Xuvenil mulleres .................... 1 volta P + 1 volta G ......... 2.050 m.
11:55 ........ Cadete – Xuvenil homes ....................... 3 voltas G ......................... 3.600 m.
12:20 ........ Iúnior‐Promesa‐Sénior‐Veteráns .......... 5 voltas G ......................... 6.000 m.
12:55 ........ Benxamín Mixto ................................... 1 volta P .............................. 850 m.
13:05 ........ Cativos .................................................. Mini volta ............................ 300 m.
13:30 ................. ENTREGA DE PREMIOS
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario