VI Carreira Nocturna Xinzo de Limia

A VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Esta proba celebrarase o sábado 19 de xuño de 2010, a partir das 20:30 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL
 
  • A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.
  • Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
  • Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
  • O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
  • A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
  • A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
  • Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

O descoñecemento deste regulamento no exime do seu cumprimento.

CATEGORIAS


PERCORRIDO

PREMIOS

 
INSCRICIONS
A inscrición é gratuíta para tódalas categorías, e poderase facer ata o día 17 de xuño ás 20:00 H.
Non se admitirán inscricións para a carreira absoluta o día da proba.
Os datos necesarios para a inscrición son:
Nome e Apelidos, data de nacemento completa, sexo, Clube , Procedencia e Teléfono.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licencia.
Formas de realiza-la inscrición:
Por fax: 988550112
Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.

 
INSCRIBETE

 

 
LISTA DE INSCRITOS

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario