X CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS

Recorrido Boboras

Data de celebración:

Domingo 24 de Xaneiro de 2010

Hora: 11:00h
Organiza: Concellería de Deporte e Xuventude
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:
- Categoría 1: 11:00h
- Categoría 2 e 3: 11:15h
- Categoría 4 e 5: 11:30h
A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e estará situada pola parte traseira do CEIP
Nosa Señora de Xuvencos.
2. Os participantes deberán situarse no punto de saída 10 minutos antes do comezo da súa
correspondente proba, sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes deberán inscribirse todos na páxina web http://www.championchipnorte.com/
antes do día 22 ás 15:00h. Para categorias menores (1,2,3), se debe marcar que pertence a esas categorias antes de finalizar a inscrición e pagarase 2€. Se marca esta opción e se pertence a categoria 4 ou 5, non se considerará inscrición válida. Para carreiras menores e só para nen@s que non posúan NIF, a forma de inscrición será enviando um fax antes do día 22 ás 15:00 h ó número da organización 988 402 108 e pagando o importe de inscrición o dia da proba ó retirar dorsal e chip (2€ xa que é só para carreiras menores para nen@s sen NIF). Deberán enviar os seguintes datos obrigatórios: Nome, Apelidos, Data de nacemento completa, sexo, Localidade, Província, Telefono de contacto, mail de contacto se ten, Clube, se ten e se é federad@. Para inscricións dos participantes de canicross, deberán facer en primeiro lugar a inscrición pola Web e seleccionar esa modalidade antes de finalizar o proceso de inscrición, e a continuación, deberán enviar un fax ó número da organización 988 402 108 antes do día 22 ás 13:00 cos datos NIF, Nome, apelidos, data de nacemento completa, sexo, telefono e mail de contacto, indicando que compiten en Canicross.
Se persoalizarán co nome ou Nick do participante tódolos dorsais das inscricións feitas con anterioridade ó martes dia 19 de Xaneiro. Non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por outros medios diferentes á páxina web.
4. Cada participante deberá achegarse ao punto de entrega de dorsais e chips, situado no pavillón municipal, para recoller o seu con antelación suficiente cun mínimo de 30 minutos de antelación a disputa da sua proba. O chip deberá entregarse ao remate da proba, ó atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro ou extravío. O chip deberá atarse na zapatilla.
5. O percorrido total será de 8800 metros, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo esta distancia segundo as categorías establecidas.
6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para home e outro para muller. Tamén haberá dous trofeos de honra para o atleta de máis idade que remate a proba, así como para o máis novo.
7. Tódolos participantes independentemente da categoría á que pertenzan, no momento no que entreguen o seu Chip, recibirán de agasallo unha camiseta técnica conmemorativa. Ademáis, tódolos participantes inscritos nas categorías 1 e 2 recibirán tamén unha medalla.
8. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais correspondentes.
9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou veículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
10. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro participante.
11. A inscrición poderase realizar a partir do día 11 de xaneiro, na páxina web http://www.championchipnorte.com/. Só haberá esta forma de inscrición excepto para nen@s de carreiras menores (1,2,3) sen NIF antes das 15:00 do día 22 segundo información anterior: deberán pagar 2 € na retirada de chip e dorsal. Os participantes de Canicross deben seguir o procedemento de inscrición a maiores que se detalla anteriormente.
CATEGORÍAPARTICIPANTES INCLUIDOSANO DE NACEMENTOPERCORRIDOTROFEOS
1* Pre-benxamíns
* Benxamíns
2003
2002 e 2001
1500 metros1º clasificado home
1º clasificado muller
2* Alevíns
* Infantís
* Cadetes
2000 e 1999
1998 e 1997
1996 e 1995
4500 metros1º clasificado home
1º clasificado muller
3* Xuvenís
*Juniors
1994 e 1993
1992 e 1991
4500 metros1º clasificado home
1º clasificado muller
4* Promesas
* Seniors
1990, 1989 e 1988
1997 ata 1955
8800 metros1º clasificado home
1º clasificado muller
5*Veteráns1954 e anteriores8800 metros1º clasificado home
1º clasificado muller
Toda inscrición deberá incluír os datos seguintes: NIF, Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, clube e número da federación (só para atletas federados). A data límite de inscrición será o 22 de xaneiro ás 15:00h.

12. Os atletas inscritos poderán comprobar o listado de inscrición, na web http://www.championchipnorte.com/, inmediatamente ó finalizar correctamente o proceso de inscrición e a lista definitiva a partir do día 22 as 15:00, excepto menores sen NIF que non aparecerán nestes listados Web e deberán comprobar a súa correcta inscrición antes das 15:00 do 22 coa organización onde enviaron a inscrición.
13. Non se admitirá ningunha inscrición na que falten datos.
14. Cada atleta participante deberá aboar a cantidade de 3 euros para as categorías 4 e 5, ou a cantidade de 2 euros para as categorías 1, 2 e 3.
15. A cada atleta entregaráselle un indicativo de cor en forma de pegatina atendendo á categoría á que pertence que deberá levar colocado próximo ao dorsal nunha zona visible, co fin de evitar extravíos ou confusións de percorrido: Categoría 1, indicativo verde. Categorías 2 e 3, indicativo azul. Categorías 4 e 5, indicativo amarelo.
16. Cada atleta ten o deber de realizar o percorrido correspondente, co fin de coñecelo, antes da data da proba. A organización facilitará as indicacións pertinentes a quen as solicite, e non se responsabilizará das perdas ou confusións nas rutas e outros problemas derivados.
17. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no pavillón municipal (situado ao lado do CEIP
Nosa Señora de Xuvencos) ás 13:30h aproximadamente.
18. Ao remate da proba, tamén no pavillón municipal, haberá bocadillos, froita, chocolate e
bebidas para tódolos participantes. Os participantes que o desexen poderán ducharse e asearse.
INCLÚE PROBA DE LIGA GALEGA DE CANICROSS INFORMACIÓN DA PROBA:
Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón, s/n - 32514 Boborás - Ourense)
Tlf.: 988402008 E-mail: cdx.boboras@hotmail.com
Mais información do percorrido e mais detallada en El Blog de Xavi

Este es el Perfil Aproximado




Por cortesia de Xaxi y Kand de Correr en Galicia el recorrido con el perfil.

2 comentarios:

  1. Hola Tito,
    permíteme que añada a este anuncio el mapa con el perfil. Es cortesía de Xabi y Kand de Correr en Galicia:
    http://www.mapmyrun.com/run/spain/boboras/205126340306519654

    Este año hubiese querido probar la carrera... pero como ya estaba anotado al medio maratón de Viana do Castelo... ahora ya no cambio. Para el año... Saludos!

    ResponderEliminar
  2. Subsanado el error. Gracias por el aporte

    ResponderEliminar