VIII EDICIÓN DA CARREIRA SOLIDARIA LUGO MONUMENTAL

Clasificación Aqui
DOMINGO 20 DECEMBRO 2009 Rapazas/ces 11:00 h Adultos 12:00 h
PERCORRIDO
A saída terá lugar no tramo peatonal da Ronda da Muralla fronte o Edificio Administrativo do Concello (Seminario) e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km: Saída Ronda Muralla con xiro a esquerda en dirección á rúa Vilalba- Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaránse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeneral Tella, Praza de Avilés, xiro á esquerda en direccion Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) na glorieta da rúa Mariña Española (áncora), para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos, e chegada á Meta situada á altura da Casa do Concello.
Breve percorrido por algunha das rúas por as que transcurre a Carreira Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a totalidade do circuíto. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR ENRRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO. Os atletas que non reúnan todos os rexistros serán descalificad@s O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro clasificado. Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas acompañados. CATEGORIAS ABSOLUTAS
Estableceranse as seguintes categorías Masculinas e Femininas:
Categoria E
Nadas/os entre 1984 e 1988
Categoria F
Nadas/os entre 1984 e 1988
Categoria G
Nadas/os entre 1974 e 1983
Categoria H
Nadas/os entre 1964 e 1973
Categoria I
Nadas/os entre 1954 e 1963
Categoria J
Nadas/os entre 1943 e anteriores
Categoria K
Nadas/os entre 1943 e anteriores

INSCRICIÓNS : donativo de 2 €

A INSCRICIÓN ESTARÁ LIMITADA A 1.500
Inscricións ON-LINE 1300 PRAZAS a partires do Venres 4 de Decembro pagamento on-line de 2 € na web de http://www.championchipnorte.com/
Inscrición Presencial 200 Prazas. Entrega doFormulario Oficial da carreira + Pagamento Inscrición 2€ na Concellería de Deportes (Casa do Deporte-Avda Infanta Elena). O formulario da inscrición pódese recoller en: -Diario EL PROGRESO (Rúa Ribadeo) -Concellería de Deportes (Casa do Deporte) Pódese descargar en www.lugo.es e en http://www.elprogreso.es/
PECHARASE o MERCORES 16 DE DECEMBRO ás 20:00 h, OU NO MOMENTO NO QUE SE CHEGUE AOS 1.500 ATLETAS INSCRITOS, MOMENTO A PARTIR DO QUE NON SE RECOLLERÁN MÁIS INSCRICIÓNS, PECHÁNDOSE DEFINITIVAMENTE TODA POSIBILIDADE DE INSCRICIÓN.
NON SE ACEPTAN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO OU FAX
Para poderse inscribir debera de ser obrigatorio tanto on-line como de xeito presencial cubrir os datos requeridos.

DORSAIS PREFERENTES

Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10 km. Para solicitar un Dorsal Preferente, será necesario solicitalo expresamente no proceso de inscrición. Se deberá de enviar un email á dirección: deportes@concellodelugo.org co Asunto: “DORSAL ELITE LUGO MONUMENTAL” indicando : Datos Persoais - Marca - Proba e Data da mesma
HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR DO DORSAL ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día anterior da proba (19 de decembro de 2009) na CARPA DA ORGANIZACIÓN situada na parte traseira da Casa do Concello na Praza Maior en horario das 17:00 h ás 20:30 h e o día da carreira (20 de decembro de 2009) desde as 09:00 h ata ás 10:30 h dentro da mesma carpa.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

  • APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
  • GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servicio de gardarroupa.
  • DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)

CARREIRA RAPACES/ZAS

Categoría
Horario
Distancia
Percorrido
Catg Mini (04-05)
11:00 h
300 mt
Saída Ronda peatonal cara abaixo / xiro dereita por Bispo Aguirre cara á Praza Maior con xiro a dereita e subida pola recta de meta. Os/as corredores/as correran sos ,non poderán ser acompañados
Catg.A(01/02/03)
11:10 h
600 mt
Saida Ronda peatonal cara abaixo/xiro esquerda rúa Vilalba e xiro a esquerda por Bispo Aguirre cara a Praza Maior con xiro a dereita e subida pola recta de meta. Os/as corredores/as correran sos ,non poderán ser acompañados
Catg. B (98/99/00)
11:20 h
1000 mt
Saida Ronda peatonal cara abaixo/xiro a esquera Rúa Vilalba/xiro a dereita Rodríguez Mourelo/volta con xiro a esquerda Praza de Aviles/Rodríguez Mourelo/xiro esquerda Bispo Aguirre/xiro dereita recta de meta.
Catg. C e D (96/97) (94/95)
11.30 h
1.500 mt
Saida Ronda peatonal cara abaixo xiro a esquera Rúa Vilalba xiro a dereita Rodríguez Mourelo/Dtor Portela volta con xiro a esquerda final de Dtor Portela Rodríguez Mourelo/xiro esquerda Bispo Aguirre xiro dereita recta de meta.
Premios
  • 1º Trofeo para @ primeir@ de cada categoría.
  • 2º Medalla para @ segund@ de cada categoría.
  • 3º Medalla para @ terceir@ de cada categoría.
AGASALLO OFICIAL DA PROBA E AVITUALLAMENTO PARA TODOS/AS AQUELES/AS CORREDORES/AS CHEGADOS/AS Á META. O control da carreira pecharase aos 20 minutos da chegada do/da primeiro/a corredor/a “SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR A IDADE DOS PARTICIPANTES PARA A RECOLLIDA DOS PREMIOS”. A RECOLLIDA DE DORSAIS NOVAS INSCRICIÓNS: será nas mesmas datas e lugar que na carreira absoluta (sábado 19 de decembro na carpa da organización situada na parte traseira da Casa do Concello na praza Maior en horario das 17:00 ás 20:30 h) e o día da carreira d as 09:00 ás 10:30 h na mesma carpa. OS PARTICIPANTES NESTA CARREIRA NON LEVARÁN O CHIP DE CRONOMETRAXE. As rapazas e rapaces participantes no circuito LARSA Corre con Nós 2009-2010, xa figurán como preinscritos, participando nesta carreira co seu dorsal do ciircuito LARSA Corre con Nós 2009-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario