I Carreira Popular do Arenteiro, O Carballiño
Hora:
Infantís ás 18:00 h
Absoluta ás 19:00 h
Lugar: saída e meta da Praza Maior de O Carballiño
Distancia: de 500 a 7.800 m
Organiza: -
Inscrición: ata o mércores 30 de setembro ás 20:00 horas
A inscrición por categorías farase por ano de nacemento (ver cadro “CATEGORÍAS”).
INSCRICIÓNS CATEGORÍAS INFANTÍS
A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A,B,C,D,E,F. e faranse nos servizos sociais do Carballiño, ximnasio Kórpore Fitness e ximnasio Olympia ou no número de telefono 988 531 076.
INSCRICIÓNS CATEGORÍAS ABSOLUTAS
O prezo de inscrición das categorías restantes G,H,I,J,K,L é de 5 € para os corredores que non posúan o chip amarelo e de 3 € para os corredores con chip amarelo e farase por medio da páxina web Championchip Norte (se non es usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes).
Para calquera dúbida relativa ao proceso de inscrición, podedes dirixirvos o teléfono 982 81 68 84
“AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS”
Entrega dorsales e chips: na Praza Maior a partir das 17:00h.
Peche entrega dorsais: media hora antes de cada carreira.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA - NOME - ANO NACEMENTO
A - PITUFOS - 2004, 05, 06
B - PREBENXAMÍN - 2002, 03
C - BENXAMÍN - 2000, 01
D - ALEVÍN - 1998,99
E - INFANTIL - 1996, 97
F - CADETE - 1994, 95
G - XUVENIL - 1992, 93
H - XUNIOR - 1990, 91
I - SENIOR - 1975, 1989
J - VETERANOS “A” - 1965, 74
K - VETERANOS “B” - 1950, 64
L - VETERANOS “C” - Anteriores a 1950
PREMIOS
Medallas para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías A, B,C,D,E,F.
Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos
Trofeo o primeiro clasificado masculino e feminino das categorías G,H,I,J,K, L
Trofeo o primeiro carballilñés e a primeira carballiñesa da categoría absoluta (deberán estar censados no Concello do Carballiño).
Trofeo o de maior idade.
Os trofeos non son acumulativos.
Peluches- mascota da carreira para todos os participantes das categorías A,B,C.
Camisetas para todos os participantes das categorías D, E y F.
Camiseta técnica para todos os participantes das categorías G,H,I,J,K, L.
PERCORRIDO
CATEGORÍAS
A,B,C: 500 m aprox.
D,E,F: 2 km aprox.
G,H,I,J,K,L: 7.8 km. Avituallamento líquido no km 4 e líquido e sólido na meta. Os kms van estar perfectamente sinalados.
REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse tres probas con percorridos e horarios diferentes segundo as categorías:
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 18:00 A,B,C 500 m
2º 18:15 D,E,F 2 km
3º 19:00 G,H,I,J,K,L 7.8 km
2º) As inscricións pecharanse sin excepción ás 20:00 horas do 30 de setembro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) A todos os participantes facilitaráselles o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º) Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha
irregularidade.
5º) O control de chegada pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado.
6º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.
7º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
8º) Duchas: habilitarase o estadio de fútbol ESPIÑEDO DO CLUB ARENTEIRO ( para homes e mulleres).
9º) RESULTADOS: www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org
10º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
11º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
SORTEOS
Sorteo especial Centro Comercial Aberto dunha fin de semana para dous persoas nun hotel balneario para tod@s participantes da carreira
absoluta.
Sorteo especial Servipost (Grupo Academia Postal) de un mp3 para tod@s participantes das categorías A,B,C.D.E.F.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario