VIII Carreira Nocturna de Celanova

Data de Celebración: sábado, 11 de xuño de 2011
Lugar: Celanova, Ourense Inscrición gratuita ata o Xoves 9 de xuño ás 22:00 h en
Championchip Norte
Oficina de Turismo: 988 43 22 01
Pavillón de Deportes: 988 43 14 84 - 988 45 13 45
Fax 988 45 16 23 - 988 43 14 84

Carreira de Categoría Adulto
Zona de Saida e Horario: A Saida da carreira absoluta darase na Praza Maior ás 22:30 h. Os participantes deberán situarsee na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta.
Zona de Meta: Praza Maior
Avituallamento: Na zona de Meta
Clasificación: Será Absoluta e por Categorias.
Premios:
Trofeos ós Tres primeiros da Clasificación Absoluta e o Primeiro de cada categoria.
Trofeo o Primeiro corredor da Mancomunidade Terra de Celanova en cada Categoría Masculino/Femenino.
Trofeo especial Corred@r con mais idade.

Carreira de Categorías Menores
Zona de Saida e Horario: A Saida das carreiras de menores darase na Praza Maior ás 21:00 h. Os participantes deberán situarsee na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta.
Zona de Meta: Praza Maior
Avituallamento: Na zona de Meta
Clasificación: Será por Categorias. 
Premios: Entregarase trofeos os primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorias:prebenxamíns,benxamíns alevín,cadete,e xuvenil e recibiran medalla todolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Plano do Circuito
Categorias e Percorridos

Pitufos / 2006-2007 / 100m.

Pre-Benxamin / 2004-2005 / 500m.
Benxamin / 2003-2003 / 500m.

Alevín / 2000-2001 / 1600m.
Infantil / 1998-1999 / 1600m.
Cadete / 1996-1997 / 1600m.

Juvenil / 1994-1995 / 7800m.
Xunior / 1992-1993 / 7800m.
Senior / 1977-1991 / 7800m.
Veteranos A / 1976-1972 / 7800m.
Veteranos B / 1971-1967 / 7800m.
Veteranos C / 1966-1962 / 7800m.
Veteranos D / 1961-1952 / 7800m.
Veteranos E / 1951 o más / 7800m.

Servicio de duchas: no pavillón de deportes.

II Carreira Popular TORRE DE O CASTRO (SANDIÁS)

A II CARREIRA POPULAR TORRE DE O CASTRO está organizada pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e o CONCELLO DE SANDIÁS e celebrarase o martes día 17 de maio de 2011.

REGULAMENTO:
  • A saída será:
a. Ás 10:45 para a carreira escolar (1.430 m.)
b. Ás 11:15 para a carreira absoluta (7.900 m.)
c. Ás 12:30 para a carreira pitufos (350 m.)
  • A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a Meta diante do Colexio.
  • A clasificación será absoluta e por categorías.
  • A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
  • O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
  • O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
  • A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
  • A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
  • Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
  • Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
  • As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
  • Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
A organización pechará as inscricións da carreira absoluta o chegar ós 200 atletas inscritos.
Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H.
As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:
  • Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica 2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA) Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.
  • Pago o contado no Concello de Sandías ou na tenda Turini Sport para as inscricións presenciais.
  • Os empadroados no Concello de Sandiás terán a inscrición gratuita, sempre e cando fagan a súa inscrición nas oficinas do Concello.
Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.
A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web http://www.limiactiva.com/

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.
PECHARASE A INSCRICIÓN O VENRES DÍA 13 DE MAIO AS 20:00 H. A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

AGASALLO DUNHA CAMISETA TÉCNICA PARA OS ATLETAS PARTICIPANTES ATA ESGOTAR EXISTENCIAS

III Medio Maratón Cidade da Coruña - CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

  • A Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña organizarán o vindeiro 15 de maio de 2011 en A Coruña o III Medio Maratón A Coruña 21 e Campionato Galego Absoluto de Medio Maratón, e das categorias Junior e Promesa. No campionato Galego poderán intervir todos os atletas das categorías junior, promesa e senior ou veterans que cumpran algún dos seguintes requisitos:
  1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual por algún Club pertencente á Galicia.
  2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertezan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
  3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.
  • A saída terá lugar ás 10:30 horas do día 15 de maio no Cantón Grande, sendo a chegada no mesmo lugar de saída. 
  • A proba celebrarase sobre a distancia de 21,097 Km. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e ten un perfil totalmente chairo e por asfalto na súa totalidade.
  • Os participantes deberán realizar 3 voltas ó seguinte percorrido: Cantón Grande (saída), Cantón Pequeno, Praza de Mina, Sáchez Bregua, Praza de Ourense, Linares Rivas, Avenida Primo de Rivera, Praza da Palloza, Avenida Primo de Rivera, Avenida do Exército, xiro á esquerda fronte a Casa do Mar, carretera de aceso ó Porto, Rotonda Porto de San Diego, carretera de o Porto ata rotonda entrada porto pesqueiro e entrada no mesmo, xiro de 180º e volta pola carretera de o Porto, rotonda Porto de San Diego, carretera de o Porto ata a Casa do Mar, xiro de 90º á dereita, avenida Primo de Rivera, Linares Rivas, Praza de Ourense, Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Avenida da Mariña, Avenida de Montoto, xiro de 180º en rotonda de Porta Real, volta por Avenida de Montoto, Avenida da Mariña, Cantón Grande (punto de saída).A Meta estará situada 97 metros diante do davandito punto de Saída.
  • Por cuestións organizativas fíxase un tempo máximo para percorrer a distancia de 2 horas e 30 minutos, polo que o control de chegada pecharase ás 13:00 horas.
  • CATEGORÍAS CARREIRA POPULAR (homes e mulleres)
- Júnior, nados/as en 1992 e 1993
- Promesa, nados/as en 1989, 1990 e 1991
- Senior, nados/as dende 1988 ata veteranos
- Veteranos A, entre 35 e 39 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos B, entre 40 e 44 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos C, entre 45 e 49 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos D, entre 50 e 54 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos E, entre 55 e 59 anos cumpridos na data da proba
- Veteranos F, máis de 60 anos cumpridos na data da proba
- Tamen se establecerá unha clasificación do Campionato Galego absoluto e das categorías junior e promesa.
  • PREMIOS Carreira popular: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto en homes coma en mulleres. Asemade haberá camiseta conmemorativa do evento para os primeiros 2000 atletas que crucen a liña de meta.
  • PREMIOS Campionato galego: Outorgaranse medallas conmemorativas aos tres primeiros clasificados-as absolutos-as e nas categorías junior e promesa, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de premiacións. Caso contrario, non se fará entrega da medalla. Según acordo de Asemblea para optar a medalla os atletas estranxeiros deben cumprir as seguintes condicións:
a. Ter ficha por un club galego a lo menos nas tres últimas tempadas (incluída a actual).
b. Estar censados nalgún concello de Galicia.
c. Ter licencia pola FGA.

  • INCRICIÓNS As inscricións dos atletas faranse a través do sistema online na web http://www.atletismogalego.org/ con data límite ata o mércores día 11 de maio ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios. Tódolos atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada unha vez rematado o prazo: na páxina da Federación galega de Atletismo http://www.atletismogalego.org/ O cupo máximo de inscritos para o III Medio Maratón A Coruña 21 será de 2.000 corredores. Os propietarios do Chip amarillo deben facer uso do mesmo. No caso de que non dispoñan del deberán comunicalo aos organizadores. Sábado 14 de maio na tenda SportZone do Centro Comercial Dolce Vita (A Coruña) sito na rúa Newton nº 15 en A Coruña, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingo 15 de maio na zona de saída da carreira de 8:30 horas a 9:30 horas Todos os corredores deberán levar ben colocado o dorsal no peito e o chip na zapatilla para poder entrar nas clasificacións.
  • DEVOLUCIÓN DOS CHIPS Tódalas persoas inscritas na proba deberán devolver o chip ao rematar á mesma. A non devolución ou pérdida do mesmo implica o pago da cuota de 10 euros á FGA así como o non dereito de recibir regalo algún e aparecer na clasificación.
  • A organización disporá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA (en Zona de Meta). Os Servizos médicos de competición e o xuíz árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Así mesmo, recoméndase a todos os inscritos no Medio Maratón que leven a cabo, antes de tomar parte na carreira, un recoñecemento de aptitude médico deportivo, que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
  • Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; ao lugar da competición ou desde o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos debidamente identificados.
  • Todo o non disposto no presente Regulamento resolverase de acordo ás normas da R.F.E.A e I.A.A.F, se procede.


Ruta para correr 947211 - powered by Runmap 

IV Carreira Concello de Paderne de Allariz

O Concello de Paderne de Allariz organiza a IV andaina e IV Carreira, que terá lugar o domingo día 8 de maio de 2011.


IV Carreira- 12 Qm de percorrido a hora de saída as 10:30h. Puntuable para circuitos de carreiras de “Correr en Galicia”

IV Andaina – 20 Qm de percorrido, hora de saída as 9:30h.

Tanto a saída como a meta estarán situadas ao carón da Praza do Concello, sita no punto quilométrico 13 da estrada OU -101 (Ourense-Maceda) no lugar de Rioseco.

Inscripción gratuita: A través do telf. do Concello de Paderne de Allariz: Tel.: 988 29 30 00 Fax.: 988 29 30 25

Número máximo de inscripcións: 300

XXII Carreira Popular y X Medio Maratón FERREIRÚA 2011

XXII Carreira Popular X Medio Maratón FERREIRÚA
A POBRA DO BROLLÓN (LUGO)
8 de Mayo de 2011
Homenaje a: SUSO DE LA FUENTE

LOCALIZACION:
A Ferreirúa pertenece al ayuntamiento de Pobra de Brollón, situado en el sur de la provincia de Lugo, limitando con los ayuntamientos de: Incio, Monforte de Lemos, Quiroga, Bóveda, Folgoso do Courel y Samos.

  • Podrán participar en las distintas pruebas todos aquellos que lo deseen.
  • Solo se podrá participar en una de las pruebas propuestas.
  • La hora de comienzo de la primera prueba será a las DIEZ horas CUARENTA Y CINCO minutos de la mañana.
  • Las INSCRIPCIONES se cerrarán el miercoles día 4 de mayo a las 24 horas.
  • Las RETIRADA de DORSALES se podrá realizar los siguientes días:
Sábado día 7, de 16 a 22 horas en Local Social "Recomendable"
Domingo día 8, de 08,30 a 10,30 horas en Pista Polideportiva.
  • Todos los participantes tendrán asignado un dorsal, que se corresponderá con la categoría y circuito a realizar, el cual irá situado en el pecho y tendrá que ser visible en el desarrollo de la prueba.
  • La organización podrá establecer controles durante el transcurso de la prueba por los cuales tendrán que pasar los distintos participantes para no ser descalificados.
  • El control de la línea de meta para las pruebas de la Medio Maratón y de los 9.300 metros se cerrará 60 minutos después de que llegue el primer clasificado de la general, de forma independiente para hombres y mujeres.
  • Para conseguir la clasificación por equipos en la Media Maratón, tendrán que finalizar la prueba como mínimo seis corredores del mismo equipo.
  • La organización no se hace responsable de los daños morales, materiales y/o económicos derivados de la participación en esta prueba. Al mismo tiempo, la organización dispondrá de los seguros pertinentes según la normativa vigente para pruebas populares de este tipo.
  • Ante cualquier circunstancia no contemplada en este reglamento será la organización la que tome las decisiones oportunas.
  • El desconocimiento de este reglamento no exime de su cumplimiento.
  • La inscripción es GRATUITA.
Perfiles Circuitos



Paseo por el Recorrido

Recorrido Fotografico ...



Recorrido Google Earth ...



V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO

Día: 30 de Abril de 2011
Hora: 17.30 h.
Saída e chegada: Teira-Corrubedo
Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna
Páxina web oficial: www.cofradíadadorna.com
E-mail: corgo@cofradiadadorna.com
Teléfono: 619300125

A V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 30 de Abril de 2011 ás 17.30 horas do serán. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.
2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 8.000 mts. aprox. debidamente sinalizado.
- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
- Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
5. Avituallamento intermedio no kilómetro 4,5 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
7. Todo aquel atleta que no kilómetro 5 faga un tempo superior os 36 minutos queda descalificado e fora da proba.
8. As incripcións faranse únicamente dende o formulario habilitado para tal fin na web da Cofradía da Dorna (a partires do 12 de Abril habilitarase dito formulario).
- A inscripción é gratuita e o prazo para a mesma vai dende o 12 de Abril ata o 28 de Abril as 14.00 h.
- A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS.
- NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL
- RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 e 17:15 ata 15 minutos antes do inicio.
9. Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.
A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscriptos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:
- Recibirán trofeo os vintecinco primeiros homes.
- As dúas primeiras mulleres.
- As cinco primeiras parellas.
- A carreira esta integrada no IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.
12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas.
13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

Campeonato de España de Clubes División de Honor Hombres y Primera Division Mujeres

  • Primera Jornada (30 de abril y 1 de mayo). Los dos primeros clasificados por puestos se clasifican para los encuentros por el Título y el resto para el Descenso.
  • Segunda Jornada (21 y 22 de mayo) Se disputan cuatro cuadrangulares, dos por el ascenso y dos por el descenso. Los dos primeros de cada encuentro por el ascenso disputan el encuentro final por el título, los dos últimos de cada encuentro por el descenso disputan el encuentro por la permanencia. Los equipos restantes no compiten en la tercera jornada manteniendo la categoría y clasificando según su clasificación en la segunda jornada.
  • Tercera Jornada (11 y 12 de junio) Se disputa un encuentro por el título y otro por la permanencia en cada categoría. El vencedor del encuentro por el título de División de Honor es el campeón. Los dos últimos del encuentro de descenso pierden la categoría. Los dos primeros del encuentro por el título de Primera División ascienden a División de Honor y los dos últimos del encuentro de descenso pierden la categoría. 
Las jornadas de División de Honor se disputan en horario de tarde, mientras que las de Primera lo hacen de mañana. Los horarios son los siguientes:



1" CARREIRA DA AUGA, GOTAS PARA NÍGER

REGULAMENTO DA CARREIRA

1. A Sociedade Atlética Val Miñor, Concello de Nigrán e UNICEF, organizan o día 24 de Abril de 2011 a 1" CARREIRA DA AUGA, GOTAS PARA NÍGER de atletismo.
2. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
3. O prazo de inscripción finaliza o día 20 de Abril as 20.00 horas. A organización será rigurosa co peche de inscripción.
4. O circuito descorrerá polas rúas de Praia América nas categorías menores (ata xuvenís inclusive), e polas rúas de Praia América e Ramallosa na categoría absoluta.
5. A orde de saída será a seguinte:1
1° carreira de Infantís, cadetes e subvenís.
2° carreira de Benxamíns e Alevíns.
3° carreira de ''pitufos''
4° carreira absoluta.

6. As idades das categorías son:
  • "pitufos" nacidos anos 2004 en diante.
  • Benxamíns nacidos anos 2002 e 2003.
  • Alevíns nacidos anos 2000 e 2001.
  • Infantís nacidos anos 1998 e 1999.
  • Cadetes nacidos anos 1996 e 1997.
  • Xuvenís nacidos anos 1994 e 1995.
7. Para realizar a inscripción e OBRlGATORIO Nome e Apelidos, data completa de nacemento, sexo e club (só atletas federados) / colexios.
8. O precio de inscripción é de 2 € para todas as categorfas.
9. As inscricipcións formalizaránse da seguinte maneira:
• NOVACAIXAGALICIA Nº de Cta. 2080 0462 41 0040114788.
• CONCELLO DE NIGRÁN.
• CAFETERIA DA ESTACIÓN EN RAMALLOSA.
• PISCINA MANCOMUNADA DO VAL MIÑOR
10. Os dorsais serán entregados pola organización o mesmo día da proba (ata 30 mio antes da celebración de cada proba) debendo os atletas levar o dorsal visible e sin dobleces no peito e respetar a publicidade impresa se a houbese.
Serán motivos de descalificación, entre ontros, os segnlntes aspectos: NON REALIZAR TODO O CIRCUITO, NON LEVAR DORSAL OU MANIPULALO, FALSIFICAR OS DATOS PERSOAIS
11. Otorgaránse trofeos aos 3 primeiros de cada categoría masculino e femenino e recordo comnemorativo a tódolos participantes ATA FIN DE EXISTENCIAS.
12. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicológicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
13. Haberá un servizo de ambulancia disponible durante o evento.
14. Todos os participantes polo feito de tomar a salda aceptan o presente regulamento.
15. As reclamacións deberán facerse verbalmente ó xuiz arbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados.
16. Os gastos de desprazamento dos participantes comerán ao seu cargo.
17. Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidadc civil e de accidentes durante a carreira suscrito polo Concello de Nigrán.
18. Haberá servizo de duchas no Polideportivo Municipal de Nigrán.

Campionato Galego de Clubes

Este sábado día 16 de abril nas pistas "Josefina Salgado" no complexo Polideportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar – Ourense, disputase o Campionato Galego de Clubes.


 
Participan os seguintes Clubes:
  • Homes: Ourense Atletismo Academia Postal; Sociedad Gimnástica de Pontevedra; Real Club Atletismo Celta; Club Afflelou Narón; Vila de Cangas, ADAS, San Fernando Lucus.
  • Mulleres: Ría Ferrol-Concepción Arenal; Ourense Atletismo Academia Postal; Atletismo Femenino Celta; San Fernando Lucus; Vila de Cangas, ADAS, Sociedade Gimnástica Pontevedra.
A priori, parten como favoritos o Ría Ferrol en mulleres, que revalidaría o seu título das últimas edicións e a Ximnástica de Pontevedra e o Ourense - vixente campión- en homes. A competición leva acabo cun atleta por proba e supón un ensaio de face ao campionato nacional de clubs a disputar en dúas semanas. O feito de que os grandes non adoiten recorrer ás súas fichaxes foráneas para esta cita e non poidan contar cos atletas asociados, que participan cos seus propios clubs, fai que as vitorias parciais estean moi repartidas. A suma total inclina a balanza, e as substitucións finais foron non poucas veces a clave do triunfo, achegando espectáculo e emoción.

Competiran en xornada de mañá que principiara as 10'30 horas e rematará as 14'00 horas e en xornada de tarde que principiará as 16'30 horas e rematará as 19'35 horas.
Recibirán trofeo os 3 primeiros clubes en categoría masculina e feminina e asemade haberá un premio honorifico o clube que obteña a maior puntuación sumando os puntos da categoria masculina e feminina.

Trail de Folgoso do Courel - Circuíto Galicia Máxica Trail Adventure

Data: 17 de abril de 2010.
Hora: -
Lugar: Ayuntamiento de Folgoso do Courel.
Distancia: 32 Kms.
Organiza: Club de Atletismo C.A.R. Marisqueiro y Luso-Galaico Trail Events.
Inscrición: No formulario habilitado na web.


Ruta para correr 888850 - powered by Runmap