Data: Domingo, 3 de abril de 2.011 –“Pistas Josefina Salgado”– Monterrei – Ourense.
Organiza: Delegación en Ourense da F.G.A.
Patrocina: Casa da Xuventude de Ourense.
Control: Comité Provincial de Xuices da F.G.A.
Cronometraxe: Eléctrica – Finishlynx.
Participantes: Atletas con licencia federativa en vigor para a tempada 2010-2011.
Inscripcións: Ata as 20’00 horas do mércores 30 de marzo no email fgaourense@gmail.com ou no fax 988-245353. Os atletas deberán aportar a súa millor marca na proba (ruta ou pista) para ser encuadrados nunha das series que se disputan. Retirada de dorsais e confirmación de participación en Secretaria de Competición ata 30’ antes do inicio da proba na que se atopa inscrito.
Normativa: Disputarase o Campionato Provincial de 10.000 m. lisos nas seguintes categorías:
- Xunior
- Promesa
- Senior
- Veterán A (35 a 44 anos)
- Veterán B (45 a 54 anos)
- Veterán C (55 a 64 anos)
- Veterán D (65 ou máis anos)
- Absoluta.
Horarios
- 10:30 - 10.000 m.lisos Absoluto FEMENINO Campionato Provincial
- 11:25 - 10.000 m.lisos absoluto MASCULINO Campionato Provincial - Serie B
- 12:20 - 10.000 m.lisos absoluto MASCULINO Campionato Provincial - Serie A
A entidade organizadora do Campionato Provincial de 10.000 m.lisos a Casa da Xuventude de Ourense, entregará medalla o vencedor de cada unha das categorías a disputar en categoría masculina e feminina e trofeo os tres primeiros clasificados do Campionato Provincial de 10.000 m.l. na categoría absoluta masculina e feminina.
Asemade fora do campionato provincial, entregaranse premios os 3 primeiros clubes en categoría masculina e feminina, sumando os rexistros dos 4 primeiros integrantes do clube que cheguen a meta independientemente da serie na que participen.
Normativa: Aplicarase a normativa RFEA e para calquera dúbida a normativa IAAF.
No hay comentarios:
Publicar un comentario