Páginas

II Carreira Popular de Cambados

Data: domingo, 13 de xuño de 2010
Hora: 11:00 h
Lugar: Cambados
Distancia: 10.000 m
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados
Inscrición: ata o xoves 10 de Xuño ás 24:00 horas en  Championchip Norte

A II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados, celebrarase o vindeiro Domingo, 13 de Xuño ás 11:00 horas, con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A proba estará suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

Celebrarase unha sola proba de 10.000 metros CON CONTROL DE CHIP, por un circuito urbano , con saída e chegada na Praza de Fefiñáns.


CATEGORÍAS HOMES

XM: Xuvenís- Junior- Promesa: 1994-1988
SM: Senior: 1987-1974
VAM: Veteranos A: 1973-64
VBM: Veteranos B: 1963-54
VCM: Veteranos C: 1953 e anteriores.

CATEGORÍAS MULLERES

XF: Xuvenís- Junior- Promesa: 1994-1988
SF: Senior: 1987-76
VAF: Veteranas A: 1975-66
VBF: Veteranas B: 1965 e anteriores


Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á liña de meta sen o seu chip, non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolvelo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS; TAMPOUCO RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO E NON PODERÁN PARTICIPAR EN NINGUNHA PROBA ORGANIZADA POR CHAMPIONCHIP. Este chip, finalizada a proba, non ten ninguna utilidade.

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado por kilómetro.

A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Contarase cun servicio de ambulancia e cun seguro de accidentes.

Vestiarios e duchas: Habilitarase o Pavillón Municipal de O Pombal das 11:30 ás 14 horas.


INSCRIPCIÓNS

DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓVIL, CLUBE (se o ten).

PRAZO: Ata o xoves 10 de xuño, ás 24 horas. A través da páxina web : http://www.championchipnorte.com/



PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA .

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos ó teléfono: 982 81 68 84.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba: Sección de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados ou ó teléfono 607518438 (Alfredo V. Oliveira)

Non se admitirán inscripcións fora de plazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o día da proba no ARCO DO PAZO DE FEFIÑÁNS ( NA MESMA PRAZA), a partir das 9: 00 horas ata media hora antes do inicio da proba.

TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS

Camisetas conmemorativas ata fin de existencias no momento de retira-lo dorsal e o chip.
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría

PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS NA PROBA

Iguais para homes e mulleres
1º 500 €
2º 400 €
3º 300 €
4º 200 €
Los premios en metálico estarán sujetos a las obligaciones tributarias.

ENTREGA DE PREMIOS

Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un pagaré unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será na Praza de Fefiñáns e comenzará sobre as 12:30 horas (aproximadamente)

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.