1. A saída e a meta estarán situadas nas Piscinas Municipais de Ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
3. O percorrido será de 300 m. para a categoría pitufos, de 3 Km. para as categorías A - B - C - D, e de 8.5 Km. para as restantes categorías A saída será conxunta para as categorias de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primeira volta e os restantes corredores completarán duas voltas (1 pequena e 1 grande).
Volta Pequena |
4. A clasificación será absoluta e por categorías; os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantia. Recibirá o de menor importancia o inmediatamente seguinte clasificado.
Volta Grande |
5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou chip, será desclasificado. Tamen deberá devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar ós premios.
7. O percorrido estará sinalado cada Km.
8. A carreira estará controlada por Cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP.
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes.
10. Establécense os seguintes premios:
- 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
- Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as de cada categoría.
- Camiseta técnica e bolsa do corredor para tódos/as participantes que rematen a proba.
- 60€ ós seis primeiros clasificados/as do concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
- Medalla para tódos os pitufos participantes ata agotar existencias.
- Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas e cestas de Nadal.
Percorrido |
11. Establécense as seguintes categorías:
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 3 Km:
A) Alevín: 2000 e 2001B) Infantil: 1998 e 1999
C) Cadete: 1996 e 1997
D) Xuvenil: 1994 e 1995
Con Saída ás 12:00 horas, distancia 8,5 Km:
E) Junior - Promesa: 1989 - 1993
F) Senior: 1988 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Con Saída ás 13:00 horas, distancia 300 m:
Pitufos 2002 e posteriores
Perfil Percorrido |
12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas.
13. Debido o carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da Proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, asi como a comisión organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no Regulamento de Federación Internacional de Atletismo.
15.A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario