Páginas

XXXIV Carreira Pedestre Popular do San Martiño

Galeria de Fotos de ZeusOurense
Galeria de Fotos de Safardatxo
Galeria de Fotos de Orbita
Galeria de Fotos 2 de Safardatxo
Galeria de Fotos de Fotoatletismo
Galeria de Fotos de Albertinho
Galeria de Fotos de "La Region"
Galeria de Fotos Ourense Atletismo Academia Postal
Galeria de Fotos de BViteri




Data: domingo, 14 de novembro de 2010.
Hora: Absoluta 11:00 h. / Escolares 12:30 h.
Lugar: Saída dende a Ponte do Milenio, Ourense.
Distancia: Absoluta 10.000 m homologados. / Escolares 4.500 m.
Organiza: Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Asociación Academia Postal.
Inscrición: ata o 9 de novembro.
En persoa:
Achegándote ás nosas oficinas en: Pavillón dos Remedios. R / Pardo de Cela, 2
Internet:
Categorías escolares Concello de Ourense
Categoría absoluta Championchipnorte
 



Regulamento xeral

1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00  horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

Percorrido Carreira Absoluta
2.- O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. Proba oficial da FGA.

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis . O peche dos controis e dos avituallamentos quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

4.- Admitiranse inscricións en persoa no Pavillón dos Remedios (rúa Pardo de Cela nº2) e a través da páxina web [www.ourense.es] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. A inscrición poderase realizar desde o 21 de outubro ata o 9 de novembro de xeito presencial ou por internet.

5.- A recollida dos chips e dorsais poderase realizar o sábado día 13 desde as 10 ata as 20 horas e o domingo día 14 de 8 a 10 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como club ou colexio, a recollida do chip e dos dorsais será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:

CATEGORIAS HOMES MULLERES

Júnior 1992 e 1993 1992 e 1993
Promesa 1989, 1990, 1991 1989, 1990, 1991
Sénior 1988 ata veteranos 1988 ata veteranas
Veteranos/as A M–35 W–35
Veteranos/as B M-40 W-40
Veteranos/as C M-45 W-45
Veteranos/as D M-50 W-50
Veteranos/as E M-55 W-55
Veteranos/as F M-60 W-60
Veteranos/as G M-65 e posteriores W-65 e posteriores

8.- Premios : Trofeos para o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría; camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip, ata esgotar existencias;

- Categoría "absoluta”
1º posto: trofeo e 1.800 €
2º posto: trofeo e 1.200 €
3º posto: trofeo e 800 €
4º posto: 500 €
5º posto: 300 €.

- Categoría "galegos”
1º posto: 600 €
2º posto: 500 €
3º posto: 400 €
4º posto: 300 €
5º posto: 200 €
6º, 7º, 8º, 9º, 10º, 11º e 12º postos: 100 €.

- Categoría "ourensáns”
1º posto: 300 €
2º posto: 200 €
3º posto: 150 €
4º e 5º postos: 100 €

Para optar ao premio de ourensáns, o atleta será nacido ou empadroado na provincia de Ourense.
Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’50’’ ano 2005, Mulleres: 33’34’’ ano 2005).
Os premios non son acumulables excepto o premio especial polo récord.

9.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar.

10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.
Segundo a normativa vixente da RFEA, os premios aos atletas que teñan que pasar o control antidopaxe, faranse efectivos no momento de coñecerse os resultados da análise.

11.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.
Reservarase unha zona na saída para as mulleres. Reservaranse 200 postos para os/as atletas que acrediten as mellores marcas oficiais na distancia enviando un correo electrónico a deportes@ourense.es ata o día 6 de novembro cos seguintes datos: nome e apelidos, NIF, marca e evento en que foi realizada.

12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

13.- O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

14.- A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

15.- Será motivo de descualificación , entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo e falsificar datos persoais.

16.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz arbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

17.- A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que asi mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

18.- O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

19.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Regulamento categoría menores

1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 1994 e seguintes que participen de forma individual e para todos os centros escolares, tanto públicos coma privados.

2.- Cada centro poderá inscribir a todos os escolares que desexe. O prazo de inscrición vai do 25 de outubro ao 5 de novembro e poderá facerse exclusivamente a través da páxina web [www.ourense.es].

Percorrido Carreira Escolar

3.- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:

CATEGORIA ANOS
Alevín Nados en 2000, 2001 e 2002
Infantil Nados en 1998 e 1999
Cadete Nados en 1996 e 1997
Xuvenil Nados en 1994 e 1995

5.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios.
- Clasificación individual: Trofeo aos tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
- Clasificación por colexios: Premio en material deportivo para todos os colexios que presenten un mínimo de 25 deportistas na chegada. Cando algún colexio achegue voluntarios incrementarase a contía do premio.
Premio en material deportivo para os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e para os 6 primeiros colexios clasificados de Secundaria e Bacharelato.

6.- No momento de retirar os dorsais, o delegado do colexio, necesariamente un adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba, debendo recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que teñan recibido o seu chip teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba. Os colexios que non entreguen todos os chips, non recibirán ningún dos premios establecidos.

7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da XXXIV Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

8.- Os adultos que acompañen os nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán na clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario