Data: domingo, 24 de octubre de 2010.
Hora: 12:00 horas (categoría absoluta).
Lugar: A Carballeira, Ourense.
Distancia: 6.000 m. aproximadamente (categoría absoluta).
Organiza: Asociación de veciños Carlasca e Asociación Xuvenil KarlasKa.
Inscrición: ata as 20 horas do xoves 21 de outubro en:
- Pavillón Remedios de Ourense.
- Asociación de veciños Carlasca (A Carballeira)
As asociacións AAVV Carlasca e A.X. Xuvenil KarlasKa do barrio da Carballeira, en Ourense, organizan a primeira edición da súa Carreira Popular, o domingo, 24 de outubro de 2010, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes. Esta proba será controlada pola Federación Galega de Atletismo (Delegación de Ourense), de acordo co seguinte regulamento:
REGULAMENTO
1.- XERAL:
- Poderán participar atletas federados e non federados.
- O control técnico da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Ourense).
- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por Champion Chip Norte.
2.- HORARIO, CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
11:00 Benxamín / Alevín 2001/2002/2003 - 1999/2000 1.300 m. aprox. / 1 Volta Pequena
11:30 Infantil / Cadete 1997/1998 - 1995/1996 2.300 m. aprox. / 1 Volta Grande
12:00 Xuvenil / Xunior 1993/1994 - 1991/1992 6.000 m. aprox. / 1V. Pequena + 2V. Grande
12:00 Promesa / Senior 1988/1989/1990 – 1987 e anteriores (ate veteranos) 6000 m. aprox. / 1V. Pequena + 2V. Grande
12:00 Veteranos A / B 40/49 anos - 50/59 anos 6.000 aprox. / 1V. Pequena + 2V. Grande
12:00 Veteranos C Maiores de 60 anos 6.000 prox. / 1V. Pequena + 2V. Grande
12:45 Pitufos 2004 e posteriores 300 m. aprox.
13:00 Entrega de Premios
Perfil Volta Grande |
3.- INSCRICIÓNS:
Os atletas deberán inscribirse en:
- Pavillón Remedios (Rúa Pardo de Cela, 2. Ourense).
- Asociacion de Veciños Carlasca
Admitiranse inscricións ata as 20:00 horas do xoves, 21 de outubro de 2010 e os atletas poderán retirar os dorsais na secretaría da competición (zona de saída/meta) o día da proba, dende as 10:00 horas.
4.- PREMIOS
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os cinco primeiros clasificados da carreira absoluta, (homes e mulleres). Así mesmo, haberá trofeos e medallas para os postos segundo e terceiro de cada categoría (homes e mulleres) .
Para todos os participantes que cheguen a meta, entregarase unha camiseta conmemorativa, ata fin de existencias.
No categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán unha medalla conmemorativa.
A Organización poderá reclamar dos premiados a presentación do D.N.I. ou calquera outro documento que acredite a súa data de nacemento, para confirmar a categoría dos participantes.
5.- RECLAMACIONS:
Calquera reclamación sobre os resultados, deberá facerse o Xuiz Árbitro da Competición (verbalmente ou por escrito), ata 30 minutos despois de publicados ou citados por megafonía os resultados oficiais.
6.- OBSERVACIÓN:
Todo o non disposto no presente regulamento, resolverase de acordo coa regulamentación vixente da RFEA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario