Páginas

III Carreira Popular de “A PONTE” 2010

O barrio de “A Ponte”, en Ourense, co motivo da celebración das súas festas tradicionais do SANTIAGO, e coa colaboración do Ourense Atletismo Academia Postal, organiza a 3ª edición da súa Carreira Popular, o Venres, 23 de Xullo de 2010, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes. Esta proba será controlada por a Federación Galega de Atletismo (Delegación de Ourense), de acordo co seguinte regulamento:

REGULAMENTO

1.- XERAL:

- Poderán participar atletas federados e non federados.
- O control técnico da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Ourense).
- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por Champion Chip Norte.

2.-HORARIO, CATEGORÍAS E DISTANCIAS:

 
3.- INSCRICIÓNS:

Os atletas deberán inscribirse en:
- Pavillón Remedios (Rúa Pardo de Cela, 2. Ourense).
- Sociedad Artística La Troya (Ribeira De Canedo, 2. Ourense)
Admitiranse inscricións ata as 20:00 horas do Mércores , 21 de Xullo de 2010 e os atletas poderán retirar os dorsais na secretaría da competición (zona de saída/meta) o día da proba, dende as 19:30 horas.
Os atletas inscritos na Carreira Popular de “O Couto” (Ourense), celebrada o 9 de Maio de 2010, xa están preinscritos para esta Carreira Popular de “A Ponte” e para a Carreira Popular de “A Carballeira” (Ourense) a celebrar o 24 de Outubro de 2010. Así mesmo, os novos inscritos na Carreira Popular de “A Ponte”, tamén quedan preinscritos para a Carreira Popular de “A Carballeira”.
No caso dos “pitufos”, poderán facer inscrición nos minutos previos á carreira.

4.- PERCORRIDO:

PERCORRIDO MAIORES: Vicente Risco – Francisca Herrera – Avenida de Santiago – Basilio Álvarez (ida e volta) – Av. Caldas – José Antonio Moretón – Ribeiriño – Av. Caldas – Mercado – Ramón y Cajal – Av. Caldas – Vicente Risco (3 Voltas).

PERCORRIDO MENORES: Vicente Risco – Francisca Herrera – Avenida de Santiago – Basilio Álvarez (ida e volta) – Av. Caldas – Vicente Risco (1 Volta)

PERCORRIDO PITUFOS: Vicente Risco – Francisca Herrera – Avenida de Santiago – Av. Caldas – Vicente Risco (1 Volta).













5.- PREMIOS

Haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría e para os cinco primeiros clasificados da carreira absoluta, (homes e mulleres). Así mesmo, haberá medallas para os postos segundo e terceiro de cada categoría (homes e mulleres).
Para todos os participantes que cheguen a meta, entregarase unha camiseta conmemorativa, ata fin de existencias.
Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán unha medalla conmemorativa.
A Organización poderá reclamar dos premiados a presentación do D.N.I. ou calquera outro documento que acredite a súa data de nacemento, para confirmar a categoría dos participantes.

6.- RECLAMACIONS:

Calquera reclamación sobre os resultados, deberá facerse o Xuiz Árbitro da Competición (verbalmente ou por escrito), ata 30 minutos despois de publicados ou citados por megafonía os resultados oficiais.

7.- OBSERVACIÓN:

Todo o non disposto no presente regulamento, resolverase de acordo coa regulamentación vixente da RFEA.

Fotos Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario