Páginas

I Carreira Popular Torre de O Castro (SANDIÁS)

A I CARREIRA POPULAR TORRE DE O CASTRO está organizada pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA en colaboración co CONCELLO DE SANDIÁS e celebrarase o domingo día 30 de maio de 2010.

REGULAMENTO:

A saída será:
Ás 11:00 para a carreira escolar (2.000 m.)
Ás 11:30 para a carreira absoluta (7.900 m.)
Ás 12:40 para a carreira pitufos (350 m.)

A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a meta diante do Colexio.

A clasificación será absoluta e por categorías.

A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.

O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
  
O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.

A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.

Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario