Páginas

II Carreira Popular CONCELLO DE MONFORTE

Clasificación Aquí

DATA E HORA:
A proba celebrarase o día 14 de marzo de 2010
Categorías menores: 11:00h
Adultos: 12:00h
Haberá tamén unha proba para os máis pequeniños, de 0 – 3 anos que se celebrará ás 10:45 H. Consistirá en percorrer unha distancia aproximada de 100 metros.

CATEGORÍAS:
CARREIRA ABSOLUTA:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría F...................nados/as entre 1993 e 1994 - (16 – 17 ANOS)
Categoría G..................nados/as entre 1991 e 1992 - (18 – 19 ANOS)
Categoría H..................nados/as entre 1976 e 1990 - (20 – 34 ANOS)
Categoría I....................nados/as entre 1971 e 1975 - (25 – 39 ANOS)
Categoría J....................nados/as entre 1966 e 1970 - (40 – 44 ANOS)
Categoría K..................nados/as entre 1961 e 1965 - (45 – 49 ANOS)
Categoría L...................nados/as entre 1951 e 1960 - (50 – 59 ANOS)
Categoría M..................nados/as en 1950 e anteriores - (60 en diante)

CATEGORÍAS MENORES:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A..................nados/as entre 2003 e 2005 - (5 – 7 ANOS)
Categoría B..................nados/as entre 2001 e 2002 - (8 – 9 ANOS)
Categoría C..................nados/as entre 1999 e 2000 - (10 – 11 ANOS)
Categoría D..................nados/as entre 1997 e 1998 - (12 – 13 ANOS)
Categoría E..................nados/as entre 1995 e 1996 - (14 – 15 ANOS)
Inclúese tamén a categoría de 0 – 5 anos.

PERCORRIDO:
CARREIRA ABSOLUTA:
A saída e a meta efectuaranse na explanada da compañía e consistirá en dar duas voltas ó seguinte percorrido cunha distancia total de 7 Km: Campo da compañía – Paseo de Lugo – Carude – Estrada de Sober ata IES Pinguela, onde se dará a volta – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de la Válgoma – Escultor Francisco Moure – Explanada da compañía.



CATEGORÍAS MENORES:
O percorrido estará centrado na zona da Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure.

CATEGORÍA DE 0 – 5 ANOS 100 mts (10:45 H)
CATEGORÍA A - B: 600 mts (11:00 H)
CATEGORÍA C: 1000 mts (11:10 H)
CATEGORÍA D – E: 1500 mts (11:25 H)

INSCRICIÓNS:
CARREIRA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina web: http://www.championchipnorte.com/
Inscricións presenciais a partir do luns 1 de marzo na Oficina de Deportes do Concello de Monforte.
Peche de inscricións o xoves 11 de marzo ás 19:00h
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil

CATEGORÍAS MENORES:
Inscricións por correo electrónico en lodeco@lodeco.es a partir do luns 1 de marzo.
Inscricións presenciais a partir do mércores 4 de marzo na Oficina de deportes do Concello de Monforte
Peche de inscricións o oves 11 de marzo ás 19:00h
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:

CARREIRA ABSOLUTA:
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (14 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 11:15.

CATEGORÍAS MENORES:
Os dorsais entregaranse o día da proba (14 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 10:30.

PREMIOS:

PREMIOS ECONÓMICOS DAS CARREIRAS ABSOLUTAS, MASCULINA E FEMININA:
1º/1ª Clasificado/a……………………300€
2º/2ª Clasificado/a……………………200€
3º/3ª Clasificado/a……………………100€
4º/4ª Clasificado/a…………………… 75€
5º/5ª Clasificado/a…………………… 50€

PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS:
1º/1ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificado/a de cada categoría………...Trofeo
3º/3ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA:
1º/1ª Clasificado/a nado en Galicia………..150€
2º/2ª Clasificado/a nado en Galicia………..100€
3º/3ª Clasificado/a nado en Galicia……….. 50€
1º/1ª Clasificado/a local............Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificado/a local................................Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificado/a local................................Trofeo + agasallo

Considerase como local alquel atleta que este empadroado en Monforte de Lemos.

PREMIOS CATEGORÍAS MENORES:
Trofeo para os/as tres primeiros/as de cada categoría.
Camiseta oficial da carreira e avituallamento final para todos/as os/as atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE:
-Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento sinalizada no parque dos condes situado inmediatamente antes da Praza da Compañía.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas das instalación deportivas dos PP Escolapios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario