Páginas

III 10 QMS. VILA DE XINZO DE LIMIA

Clasificaciones Aquí

Os III 10 QM. VILA DE XINZO DE LIMIA están organizados pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 10 de xaneiro de 2010.
REGULAMENTO
A saída será:

  • As 11:00 para a carreira escolar (2.300 m).
  • Ás 11:30 para a carreira absoluta (10.000 m. homologados).
  • Ás 12:45 para a carreira pitufos (350 m).
  • A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.

A clasificación será absoluta e por categorías.
A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro clasificado.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
Non se autorizará a participación de atletas federados extranxeiros, agás os atletas portugueses que non foran internacionais con portugal nos últimos 5 anos na proba de 10.000 metros.
Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

CATEGORIAS:
INSCRICIÓNS:

Recibiránse inscricións a partir do 21 de decembro.
As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 20:00 H do día 7 de xaneiro.
Por Fax: 988 55 01 12.
Ou enchendo cos teus datos o FORMULARIO
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L, M) faranse na web http://www.championchipnorte.com/ ata as 20:00 H do día 7 de xaneiro.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de cuota de inscrición.
Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 2,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado "rexistrarse" e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.

Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 7 DE XANEIRO AS 20:00 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.
TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 665 936 887


O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá ningún premio nin trofeo.
Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.

1 comentario:

  1. Hola Tito,
    agora xa sei quen es... saímos xuntos en Xinzo... nalgunha foto da saída vese.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar